- Tematica
O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza para o sábado, 28 de setembro, o obradoiro denominado “Doce outono adultos, cosmética con mel de Galicia”. Nesta actividade farase unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea, elaboración de tintura de própole, xabón de glicerina con mel, crema corporal con mel, etc. Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal, indicando a actividade na que se quere participar. Para máis información pódese chamar ao número de teléfono 660 00 46 65.
A Aula da Natureza organiza un novo obradoiro para a vindeira fin de semana. Será o sábado 28 de setembro, nas instalacións da Aula da Natureza, na Ameixenda, en horario de 10.00 a 14.00 horas. Trátase dun obradoiro para coñecer como se elaboran produtos cosméticos con mel de Galicia. Está dirixido a persoas adultas.
En dito obradoiro farase unha breve introdución teórica dos recursos aproveitables da colmea; elaboración de tintura de própole; xabón de glicerina con mel, polen e tintura de própole; crema corporal con mel; ungüento reparador; e unha cara de mel.
Trátase dun obradoiro moi práctico no que ao final da actividade todos os asistentes levan as súas creacións para casa e que o que pretende é achegarnos ao mundo natural, da saúde e do respecto ao medio ambiente, podendo aplicar os coñecementos no fogar ou comezar un novo negocio e enfoque de vida.
Este obradoiro será impartido por persoal da empresa Baumé, que conta con formación especializada acreditada no campo educativo e cosmético, con ampla experiencia no desenvolvemento de produtos cosméticos no mercado actual, no desenvolvemento de marcas e no campo educativo.
Para participar nesta actividade é precisa inscrición previa. Ofértanse un total de 20 prazas. As persoas interesadas deben enviar o formulario de inscrición ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal , indicando a actividade na que se quere participar.