Solapas principales

Inscríbete e participa nos obradoiros de Nadal

Martes, 15 de diciembre de 2020

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, preparou para este Nadal unha ampla programación de obradoiros para todos os públicos. Para moitos destes obradoiros aínda quedan prazas libres. Concretamente quedan prazas para 6 obradoiros infantís e outros 6 dirixidos a persoas adultas. A inscrición pódese facer cubrindo o impreso de inscrición e enviándoo por correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal. O prazo de inscrición pecha este xoves 17 para algunhas actividades, e para outras o próximo martes 22 de decembro.

Os obradoiros para adultos nos que aínda se pode anotar son o de creación de candeas, que se vai impartir o 21 de decembro; o de elaboración do menú de Noite Boa e do menú de Nadal, ambos realízanse o martes 22; os obradoiros de galletas, que se desenvolven os días 23 e 24 de decembro; e, por último, na actividade de menú de Fin de Ano, que se realizará o vindeiro 29 de decembro. Para asistir, débese anotar previamente cubrindo esta ficha de inscrición

Por outro lado, hai unha oferta de actividades específica dirixidas ás familias e nenos e nenas. Quedan prazas libres nos obradoiros de galletas e de adorno de fiestras, ambos serán o sábado 26; no de cotillón, do día 28 de decembro; así como nos talleres de maxia e papiroflexia, os dous organizados para o mércores 30 de decembro. Tamén hai prazas dispoñibles para o obradoiro de linguaxe de signos que se vai realizar o 28 de decembro. Para asistir, débese anotar previamente cubrindo esta ficha de inscrición

Todas estas actividades levaranse a cabo nas localidades do Milladoiro e Bertamiráns, entre os días 21 e 30 de decembro. O prazo de inscrición pecha este xoves 17 para algunhas actividades, e para outras o próximo martes 22 de decembro.

 Trámite de inscrición

Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para os nenos e nenas e este outro impreso para que os adultos fagan a inscrición. O impreso cuberto deberase enviar por correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Obradoiros amesáns de menús, maxia e adornos"

Obradoiros de Nadal.