Solapas principales

Invístense preto de 18.000 euros para realizar melloras nas instalacións e equipamento da Factoría

Miércoles, 17 de enero de 2024

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, e maila responsable técnica do departamento de Xuventude, Pili Villaverde, realizaron esta mañá unha visita ao local A Factoría, que está situado na parroquia de Biduído. Durante o último trimestre de 2023 estiveron realizándose traballos para mellorar as instalacións e dotala de novo equipamento. En ditas melloras investíronse 17.797,04 euros. De dito importe, 15.000 euros son sufragados con cargo ao Plan Ames Progresa e o importe restante con fondos propios da Concellaría de Mocidade. Realizáronse traballos para mellorar o illamento do edificio e para mellorar as instalación do interior do local. Tamén se adquiriu unha mesa de mesturas para DJ e dun sistema de gravación. A Factoría abrirase para que sexa un lugar de encontro para a mocidade amesá. Estase traballando na creación dun club xuvenil que poida empregar A Factoría como lugar de reunión.

O departamento de Xuventude ten a disposición dos grupos musicais do concello un equipamento municipal co obxectivo de facilitar un espazo para o ensaio musical da cidadanía do concello, fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento. Para mellorar ditas instalacións e equipamentos, durante os tres últimos meses estiveron executándose diversos traballos de mellora na Factoría co obxectivo de que sexa máis acolledora para os seus usuarios/as.

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, explica que “a través destas melloras pretendemos que A Factoría sexa un local máis acolledor para a nosa mocidade e que ademais de ser un lugar de ensaio, este local serva como punto de xuntanza para as nosas mozas e mozos. Por iso estamos traballando para crear un club xuvenil que poida empregar A Factoría como lugar de reunión”.

Deste xeito, executáronse melloras en equipamento e tamén en canto ao illamento do local. No interior do edificio executáronse traballos de pintado e adquiriuse novo mobiliario. Habilitouse unha pequena zona de descanso/ocio para a mocidade que emprega dito local e renovouse a decoración das paredes interiores do local.

No exterior do edificio, cambiáronse varias ventas para mellorar o illamento do local e procedeuse ao cercado de ventas exteriores, así como o cambio de pranchas de aluminio. Tamén se realizou unha limpeza da fachada exterior e restaurouse o mural exterior, xa que debido ás inclemencias meteorolóxicas estaba deteriorado.

En canto ao material, adquiriuse un deshumificador para eliminar a humidade que existe no edificio e adquiriuse novo equipamento musical, algún novo e outro para substituír ao material antigo que xa estaba deteriorado. Cómpre destacar a adquisición dunha mesa de mesturas para DJ e dun sistema de gravación (unha tarxeta de son ou interface de audio). Ata o de agora os grupos musicais que empregan A Factoría tiñan a posibilidade de ensaiar, pero agora tamén poderán facer gravacións sinxelas.

Procedemento para reservar o local
Para poder reservar o local, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes debe estar empadroado no concello de Ames e o grupo debe estar dado de alta no censo municipal de artistas do concello. O horario do local de ensaio será o solicitado polos grupos musicais entre as 10.00 e as 22.00 horas, sempre e cando non estean organizadas outras actividades, polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata 3 horas á semana para ensaiar.

Unha vez enviada a solicitude, a Concellería de Xuventude entregará á persoa solicitante unha autorización do uso das instalacións indicadas. Os grupos interesados en seguir ensaiando na Factoría deberán renovar a solicitude anualmente (mes de xullo). Calquera dúbida ou consulta poden contactar con Xuventude Ames no correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Ames mejora el espacio A Factoría para que funcione como sede de un club juvenil"

El Correo Gallego: "Formación y local para ensayo desde Ames: el Concello donde uno de cada tres es joven"

Invístense preto de 18.000 euros para realizar melloras nas instalacións e equipamento da Factoría

Multimedia

  • Invístense preto de 18.000 euros para realizar melloras nas instalacións e equipamento da Factoría