Solapas principales

Jorge Pérez, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, proclámase campión galego da categoría máster 30 de ciclocrós

Jueves, 18 de enero de 2024

Jorge Pérez, ciclista do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, vén de proclamarse campión galego da categoría máster 30 no campionato de Galicia disputado o pasado 7 de xaneiro no concello de Cambre. O campionato de Galicia supón o final de temporada na comunidade galega e nesta carreira decídese o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente proba chegando á liña de meta en primeira posición, o que lle valeu o título de campión galego da categoría máster 30.

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós estivo representado no campionato de Galicia de ciclocrós, disputado no concello de Cambre, por Jorge Pérez, que competiu na categoría de máster 30. Esta foi a última proba da tempada en Galicia, unha proba cun alto nivel de esixencia na que se decidiu o campión de cada categoría. Jorge Pérez completou esta esixente chegando á liña de meta en primeira posición.

Deste xeito, Jorge Pérez converteuse no campión galego de ciclocrós en categoría máster 30. O segundo posto foi para Francisco Baña, do club Compostelano, e o terceiro para David Seage, do SpeedCross.

Campionato de Galicia de ciclocrós
Foi unha carreira na que o ciclista do club amesán foi de menos a máis, controlando os seus rivais mais directos para, nas últimas voltas, obter unha pequena vantaxe que lle permitiu chegar a meta en primeira posición e proclamarse campión galego da súa categoría.

Jorge Pérez explica que “sempre é un orgullo e unha satisfacción persoal lograr un título autonómico, xa que detrás de esta vitoria hai tamén moito sacrificio e esforzo semana a semana nos adestramentos que un ten que facer”. Nesta liña, destaca que “o nivel ano a ano é moito maior e, aínda que as carreiras duran 40´, son dunha intensidade moi alta onde tes que controlar múltiples variables para lograr o éxito”.

A temporada de ciclocrós para Jorge Pérez comezou no pasado mes de outubro, nas primeiras probas da copa de España da modalidade máster 30, celebradas en Xixón, As Pontes e Pontevedra. Posteriormente, comezou a súa participación na copa de Galicia en Betanzos e participou en preto de 10 probas ao logo destes meses. A copa de Galicia rematou coa proba disputada en Nigrán. Na copa de Galicia, Jorge Pérez rematou na segunda posición, despois de conseguir varios segundos postos e dúas importantes vitorias nas carreiras de Santiago e Boiro.

Campionato de España de Ciclocrós
Ademais, o ciclista amesán participou a pasada fin de semana  no campionato de España de Ciclocrós, celebrados en Amurrio (Pais Vasco). Segundo explica Jorge “foi unha experiencia incrible xa que foi a miña primeira participación nestes campionatos, onde o circuíto que nos prepararon cunha distancia de 3 km fixo sacar o mellor de cada corredor. Unha carreira na que partía con boas sensacións puiden rodar entre os 10 primeiros case ata a última volta onde perdín algúns postos para rematar 11º (8º da categoría máster 30 B).

Jorge Pérez, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, proclámase campión galego da categoría máster 30 de ciclocrós

Multimedia

  • Jorge Pérez, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, proclámase campión galego da categoría máster 30 de ciclocrós