Solapas principales

Jorge Pérez, do club ciclista amesán Os Esfola Arrós, remata na décimo cuarta posición da categoría máster 30 do Open de España XCM

Viernes, 07 de mayo de 2021

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós competiu na segunda proba do Open de España XCM, a Gigante de Small, con Jorge Pérez, que participou na categoría de máster 30. Esta proba disputouse en Sant Joan de Moró, en Castellón,  o pasado sábado, 1 de maio. Jorge Pérez percorreu os 120 quilómetros, con 3.800 metros de desnivel, dos que constaba a proba en 7 horas. Completou unha gran proba rematando na décimo cuarta posición da categoría máster 30.

O club ciclista amesán Os Esfola Arrós estivo representado na segunda proba do Open de España XCM, a Gigante de Small, con Jorge Pérez, que competiu na categoría de máster 30. Na primeira proba desta competición, celebrada o pasado 11 de abril en Cambrils, o ciclista acadou tamén a décimo cuarta posición.

Segundo explican dende o club amesán Os Esfola Arrós “foi unha proba moi dura, tanto fisicamente como tecnicamente, acumulando gran parte de desnivel nos compases principais da carreira. O percorrido contaba con pedras, tanto para arriba como abaixo, igual que as paredes verticais. Ademais, a chuvia fixo que a carreira aínda fose máis épica con auga, saraiba e tronos”.

Despois de case 7 horas de carreira, Jorge Pérez consolidouse como finisher da Gigante de Small, pero conseguindo uns magníficos resultados. Acadou o posto 67 da clasificación xeral e estivo a piques, unha vez máis, de entrar no Top10 da categoría máster 30, quedando na décimo cuarta posición. Nesta proba do Open de España XCM tamén participaron outros corredores galegos.

#oeateam #oeafamily #serOEAmola

Jorge Pérez

Multimedia

  • Jorge Pérez
  • Jorge Pérez
  • Jorge Pérez