Solapas principales

Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

Lunes, 21 de octubre de 2024

O concello de Ames acolleu onte unha nova edición da carreira pedestre popular que se desenvolveu na localidade de Bertamiráns e a súa contorna. Na proba absoluta 10K masculina o gañador foi Jorge Puig, cun tempo de 32.24.Na segunda posición quedou Hugo García, cun tempo de 32.26, e terceiro foi Fernando Vales, cun tempo de 32.31. Na categoría feminina a gañadora foi Eva Piñel, cun tempo de 36.15. A segunda posición foi para Leticia Barbosa, cun tempo de 39.07, e na terceira posición quedou Ainoa Gontán, cun tempo de 39.54. Esta proba pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Premendo nesta ligazón podes consultar as clasificacións da carreira pedestre.

A localidade de Bertamiráns acolleu este pasado domingo, 20 de outubro, a XXIII edición da Carreira pedestre popular Concello de Ames, cuxa saída e chegada estivo situada na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns. Nesta proba inscribíronse arredor de 1.200 atletas. Deles, arredor de 700 inscribíronse nas categorías escolares femininas e masculinas (pitufos, prebenxamín, sub10, sub 12, sub14 e sub16), mentres que na proba dos 10 quilómetros inscribíronse tamén arredor de 500 corredores/as pertencentes á categoría absoluta e sub18. Premendo nesta ligazón podes consultar a galería de imaxes da carreira pedestre absoluta 10K.

Na proba absoluta 10K masculina o gañador foi Jorge Puig Malvar, cun tempo de 32.24. Na segunda posición quedou Hugo García Souto, do Club atletismo Portugalete, cun tempo de 32.26, e terceiro foi Fernando Vales Ferreira, do Club atletismo Santiago, cun tempo de 32.31. O gañador da proba decidiuse a escasos metros da liña de meta cun sprint entre Jorge Puig e Hugo García.

Na categoría feminina a gañadora foi Eva Piñel Lorenzo, do Club atletismo feminino Celta, cun tempo de 36.15. A segunda posición foi para Leticia Barbosa Fernández, tamén do Club atletismo feminino Celta, cun tempo de 39.07, e na terceira posición quedou Ainoa Gontán Iglesias, do Club atletismo S.D. Compostela, cun tempo de 39.54.

A clasificación por equipos estivo liderada polo Club atletismo Sar. En segunda posición quedou o Club triatlón Compostela e terceiro foi o Club atletismo Santiago. A cuarta posición foi para a S.D. Compostela atletismo. Premendo nesta ligazón podes consultar todas as clasificación da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames.

Categorías sub18
Os/as atletas sub18 tiveron que dar unha volta ao circuíto completando 5,25 quilómetros. Na categoría masculina, subiron ao podio, Daniel Maneiro Teira, do Club atletismo O Pino, na primeira posición; Adrián Sesar Míguez, do Club atletismo MillaRaio, na segunda posición; e Lucas Pena Carracedo, tamén do Club atletismo MillaRaio, na terceira posición. Cómpre destacar que na cuarta posición quedou Nicolás Collazo Santamaría, do Ames Atletismo Savante.
     
Na categoría feminina a gañadora foi a atleta local, María Estévez Vázquez, do Ames Atletismo Savante. Na segunda posición quedou a atleta local Mariela Quijano Fernández, tamén do Ames Atletismo Savante; e terceira foi Aiala García Fojo, do Club atletismo +9 Moraña.

Categorías escolares
Cómpre destacar a gran cantidade de rapaces e rapazas que participaron nas carreiras das categorías pitufo/a, prebenxamín, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16. Arredor de 700 rapaces e rapazas participaron nestas probas escolares. Accede dende esta ligazón á galería fotográfica das carreiras escolares. Unha gran cantidade de persoas presenciaron estas carreiras creando un gran ambiente na rúa Alcalde Lorenzo e nas súas proximidades. Podes consultar as clasificación das carreiras escolares premendo nesta ligazón.

Entrega de premios
Unha vez rematadas as carreiras, procedeuse á entrega de trofeos no podio instalado na praza do Concello. Foron galardoados cun trofeo os tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina. Houbo tamén catro premios en metálico: 250 euros para o gañador, 200 para o subcampión, 100 para o terceiro clasificado e 50 para o cuarto. Na proba absoluta, ademais, tamén recibiron un trofeo os tres primeiros corredores empadroados no concello de Ames que chegaron á liña de meta. Pola súa banda, os máis pequenos foron premiados cunha medalla.

Como vén sendo habitual durante as últimas edicións, tamén se entregou un trofeo aos tres primeiros clubs da carreira absoluta, e premios en metálico aos catro primeiros (250 euros para o gañador, 175 para o segundo clasificado, 100 para o terceiro e 75 para o cuarto).

Ademais, a empresa BeOne, que xestiona o Centro deportivo A Telleira, situado en Bertamiráns, agasallou á primeira atleta e ao primeira atleta, empadroados no concello de Ames que chegaron á liña de meta, cun vale de tres meses de ximnasio gratis.

Organización do evento
Organizada polo propio Concello, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a proba pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Nesta iniciativa tamén colaboraron os clubs de atletismo do concello (MillaRaio, Sar e Ames Atletismo). Ademais, a Policía Local organizou un operativo especial no que colaborou a Agrupación de Protección Civil de Ames e o club ciclista Os Esfola Arrós. O control da carreira correu a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Santiago de Compostela.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: Jorge Puig y Eva Piñel fueron los grandes ganadores de la carrera pedestre del Concello de Ames"

Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames

Multimedia

  • Jorge Puig Malvar e Eva Piñel Lorenzo gañan a proba absoluta 10K da XXIII Carreira Pedestre Popular do Concello de Ames