- Tematica
A Concellería de Promoción Económica e Emprego ven de dar a coñecer os gañadores do XIV Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2019. Os membros do xurado reuníronse onte, luns 27 de xaneiro, no salón de plenos do Concello para elixir os establecementos gañadores. Os establecementos premiados foron Kierete Peluquería, Eva Hogar, Arola Moda, Floristería Carmiña e El patio de mi casa. Tamén se levou a cabo o sorteo de 9 talóns bancarios por valor de 100 euros para realizar compras nos establecementos comerciais de Ames.
Os membros do xurado, composto por María Teresa Lamas Domínguez, representante do voluntariado de Ames, Roberto Amarelle Garabán, representante de Protección Civil de Ames, e Elia Otero Reboreda, como representante do voluntariado da Aula da Natureza, reuníronse onte para elixir os establecementos gañadores desta edición. Por motivos persoais, María Teresa Lamas Domínguez non puido asistir ás valoracións de escaparates que se levaron a cabo durante os pasados días, polo que aínda que estivo presente na reunión de onte, o seu voto non foi contabilizado, segundo o establecido na base 13 da convocatoria.
O xurado, valorou os escaparates participantes pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, en base aos criterios de composición e deseño, tendo en conta, ademais, a orixinalidade e a elaboración propia. Foron valorados por cada un dos membros cun máximo de 10 puntos. Desta maneira, os establecementos gañadores foron:
- Primeiro premio dotado con 1.000 euros: Kierete Peluquería (Milladoiro) con 17 puntos do xurado.
- Segundo premio dotado con 700 euros: Eva Hogar (Bertamiráns) con 17 puntos.
- Terceiro premio dotado con 400 euros: Arola Moda (Milladoiro) con 16’5 puntos.
- Cuarto premio dotado con 300 euros: Floristería Carmiña (Bertamiráns) con 16 puntos.
- Quinto premio dotado con 100 euros: El patio de mi casa (Milladoiro) con 16 puntos.
A elección dos mellores escaparates estivo moi complicada, destacando a calidade e orixinalidade dos establecementos. Nalgúns casos, incluso foi necesario que o xurado debatera para desempatar a clasificación.
A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, “agradece o labor do xurado dos escaparates, que participaron desinteresadamente nas diferentes actuacións que se desenvolven dende o Concello. A elección dos gañadores foi complicada debido ao alto nivel dos escaparates expostos, o cal valoramos de forma moi positiva”.
Os nove agraciados do sorteo dos talóns bancarios por valor de 100 euros
O Concello de Ames entregou 150 boletos a cada establecemento inscrito no XIV Concurso de Escaparates do Concello de Ames Nadal 2019 para que foran distribuídos entre a súa clientela.
Despois da realización do sorteo na reunión do xurado que se desenvolveu onte, estes son os galardoados cun talón bancario por importe de 100 euros para a realización de compras nos establecementos comerciais de Ames:
- María José García Reburedo, que realizou a compra no establecemento Blanco y Negro Peluquería.
- Javier Fontana Mallo, que realizou a compra no establecemento Ámbito Bertamiráns.
- Virginia Piñeiro Pais, que realizou a compra no establecemento Queen.
- Rosa María Parente Mariño, que realizou a compra no establecemento Amesat.
- Vanessa Sampedro Fontenla, que realizou a compra no establecemento Brujitas.
- María Dolores Covelo Fernández, que realizou a compra no establecemento Arula.
- Magdalena Alvarez Vilares, que realizou a compra en El patio de mi casa.
- Jesusa Meimise García, que realizou a compra no establecemento El patio de mi casa.
- Malir Ademi García, que realizou a compra no establecemento Brujitas.