Solapas principales

Licitada por 5 millóns de euros a humanización da Travesía do Milladoiro na N-550

Miércoles, 20 de septiembre de 2023

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana licitou por 5,1 millóns de euros (IVE incluído) un contrato de obras para a humanización da estrada N-550 entre os puntos quilométricos 67+075 e 68+600, na travesía do Milladoiro, co obxectivo de calmar o tráfico e adaptar a infraestrutura aos usuarios vulnerables, mellorando a mobilidade, seguridade e sustentabilidade. Esta actuación finánciase con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, dotado con 105 millóns dos fondos europeos.

As obras teñen como finalidade a mellora dun dos principais eixos da rede viaria galega para, deste modo mellorar este importante núcleo pertencente á área metropolitana de Santiago, humanizándoo, calmando o tráfico e adaptando esta infraestrutura aos usuarios máis vulnerables. As actuacións previstas mellorarán a mobilidade na zona, facéndoa máis segura e sostible.

O alcalde, Blas García quixo agradecer todos os esforzos de todas aquelas persoas que fixeron posible este investimento, “aos membros da plataforma, a todos e cada un dos integrantes das anteriores corporacións municipais e ao actual Ministro de Sanidade e anteriormente Delegado do Goberno e alcalde de Ames, José Miñones”.

Ademais, o rexedor municipal destacou “hoxe é un día moi importante para o Concello de Ames pero sobre todo para un núcleo como O Milladoiro. Este investimento representa a inversión máis grande que fai unha administración no municipio e que servirá para algo no que este goberno vén traballado dende fai tampo, a humanización dos núcleos urbanos. É unha prioridade para este goberno facer núcleos máis habitables, saudable e amables para a veciñanza de Ames e, neste caso, do Milladoiro”.

“O Ministerio investirá 5 millóns de euros nunha obra que cambiará por completo O Milladoiro que coñecemos na actualidade e, dentro dun par de anos, este núcleo será completamente distinto, facéndose máis atractivo se cabe para xente de fóra que busque un lugar para construír o seu proxecto de vida”, dixo Blas García.

Descrición das actuacións:
As principais actuacións son as seguintes:

-Humanización da rúa mediante intervencións que propicien una redución da la velocidade de circulación na travesía.

-Reordenación e optimización do espacio público, delimitando claramente o uso e as funcións de cada unha das zonas que debe constituír a rúa.

-Redución dun carril de circulación ao tráfico rodado por cada un dos sentidos cunha anchura de 3,5 metros.

-Construcción de mediana axardinada de 3,3 metros de ancho entre as rúas do Rego e Cartas, e de 2,0 metros de anchura no resto da travesía.

-Execución dun carril bici de dobre sentido de circulación cunha anchura de 2,50 metros, disposto xunto ás beirarrúas e cun espazo de entre 0,50 metros e 0,80 metros de anchura de separación coa calzada. Colocaranse os elementos separadores de carril en caucho con bandas reflectoras, que ademais exercerán a función de protección dos ciclistas.

-Ampliación da sección útil das beirarrúas, previa demolición das actuais, para permitir recuperación de espazo para o peón, adaptándose ao espazo dispoñible e conformando un itinerario peonil accesible, onde a sección útil das beirarrúas non sexa inferior a 4,0 metros.

-Execución dunha glorieta na intersección da rúa Figueiras e a rúa Curuxa, e dunha calzada anular xiratoria na intersección coa rúa Castelao e a rúa Madalena que permitan o xiro cara a esquerda dos autobuses.

-Reordenación de cruces e accesos, disposición de cambios de sentido, inexistentes na actualidade ao longo da travesía, e mellora da comunicación entre ambas as marxes.

-Instalación de pasos de peóns na travesía con semáforos con premedor.

-Demolición da pasarela peonil sobre a N-550, situada no punto quilométrico 67+160, de titularidade do Ministerio, que non se adecúa á actual normativa de accesibilidade e presenta danos debido ao impacto dalgún vehículo. Prevese a súa substitución por un paso de peóns con semáforos e premedor.

-Fresado completo do pavimento de rodadura da calzada e os aparcamentos e extensión de mestura bituminosa en quente, repintado da calzada e adaptación da sinalización horizontal e vertical. Renóvase tamén o pavimento de rodadura das glorietas existentes ao comezo e final da travesía.

-Disposición de zonas de estancia e esparexemento para os viandantes.

-Disposición de zonas de carga e descarga e prazas de estacionamento reservadas.

-Mellora e consolidación dos ámbitos para as paradas de autobús.

-Implantación de árbores ao longo da travesía.

-Reposición das canalizacións afectadas polas obras e as arquetas ou pozos de rexistro danados ou en mal estado.

-Renovación da iluminación pública e resto de obras complementarias.

O obxecto do proxecto é potenciar unha contorna urbana máis sostible, inclusivo e accesible, na liña da Estratexia Estatal polo uso da Bicicleta.

Estas actuacións financiaranse con cargo ao Programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), dotado con 105 millóns de euros (IVE non incluído) dos fondos europeos NextGenerationEU.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "El Estado licita la humanización de O Milladoiro con dos carriles y aceras anchas por 5,1 millones"

El Correo Gallego: "El Gobierno licita la humanización de la travesía de Milladoiro por 5,1 millones"

La Voz de Galicia: "El Ministerio de Transportes licita por 5 millones la humanización de O Milladoiro"

Enfoques: "Luz verde a la humanización de la N-550 a su paso por O Milladoiro"

AMS GO!: "O Goberno do Estado licita a humanización da travesía da N-550 no Milladoiro"

Imaxe do proxecto para humanizar a N-550 ao seu paso polo Milladoiro

Multimedia

  • Imaxe do mapa do proxecto para humanizar a N-550 ao seu paso polo Milladoiro
  • Imaxe do proxecto para humanizar a N-550 ao seu paso polo Milladoiro
  • Imaxe do proxecto para humanizar a N-550 ao seu paso polo Milladoiro
  • Imaxe do proxecto para humanizar a N-550 ao seu paso polo Milladoiro