Solapas principales

Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames

Lunes, 30 de octubre de 2023

As Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro volveron ser protagonistas un ano máis do Festival internacional de Maxia “Festimax”, unha das citas máis características do outono amesán, que se celebrou os días 27, 28 e 29 de outubro. O evento, que reuniu a un total de 1.025 persoas, estivo cargado de humor, sorpresas e ilusionismo. Houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes manifestaron que este ano o festival superou incluso a calidade doutros anos e todos os comentarios foron de satisfacción e moi positivos.

Éxito total na XVIII edición do FestiMax. A pesar do mal tempo que fixo ao longo da fin de semana completouse o aforo en todas as sesións. Nos grupos dos obradoiros de maxia cubríronse todas as prazas. En total, 1.025 persoas asistiron este ano ao FestiMax.

O alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou “o gran éxito de participación nesta edición do festival de maxia no que ao longo de tres días máis de 1.000 persoas pasaron polos auditorios das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro. O festival, que comezou no 2005, cumpriu este ano a súa maioría de idade, o que pon de manifesto o éxito que colleita no noso concello e na súa contorna”.

Gala máxica internacional
A Gala máxica internacional foi novamente o espectáculo que máis espectadores xuntou. Realizáronse catro sesións de dita gala (dúas en Bertamiráns e outras dúas no Milladoiro) nas que participaron 631 persoas.

O espectáculo estivo presentado polo polifacético Dani Polo, un clásico deste festival, que foi dando paso ao distintos artistas e sorprendeu novamente a un público amesán que coñece de primeira man. Os magos que participaron na Gala máxica internacional foron Kenris Murat e Aurelia, Pedro III, Joshua Kenneth e Bonjin Koo. Kenris Murat e Aurelia son unha parella de ilusionistas franceses recoñecidos a nivel internacional polas orixinais mesturas artísticas que incorporan ós seus actos. Trouxeron ao FestiMax a súa proposta estrela, unha combinación de tango e maxia, un número de gran destreza.

Por outra banda, Pedro III presentou un dos seus espectáculos máis aclamados: The Laserman, unha performance de son e luz con milleiros de raios láser. Kenneth, chegado de Compostela, puxo en escena un número misterioso e poético, tras triunfar no último Congreso Nacional de Maxia levando o premio na categoría de manipulación. Xa por último, Bonjin Koo chegou a Ames dende Corea. Estivo por primeira vez en Galicia para representar unha actuación traballada durante anos e que consta dunha técnica exquisita, baseada na antiga tradición da ópera chinesa do cambio instantáneo de máscaras.

Gala infantil e de novos talentos
Para continuar co obxectivo de achegar a maxia e a ilusión á rapazada, o FestiMax organizou novamente unha gala infantil. Estivo protagonizada por Francis Zafrilla, que presentou o espectáculo “Confeti”. Este espectáculo estivo cheo de ritmo, cor, maxia e participación continua dos cativos e cativas. Zafrilla é un artista polifacético: mago, cantante e ventrílocuo. Está especializado en espectáculos infantís, e foi gañador de diversos recoñecementos neste ámbito.

Ademais, por segundo ano consecutivo organizouse unha gala de Novos Talentos da Maxia, presentada polo mago Rafa. Nesa ocasión desenvolveuse na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nela participarán Mago Iago, El Gran Na, Meigo Simón, Marco Morán e Golden Magic. Cómpre destacar a participación dun mago que é veciño de Ames, concretamente do Milladoiro, como é o mago Marco Morán.

Obradoiros de maxia
Por outra banda, houbo unha serie de obradoiros de maxia nos que se completaron todas as prazas e incluso se incrementou a participación inicial con dúas prazas máis ata chegar aos 50 participantes. Ditos obradoiros, que estiveron dirixidos a nenos e nenas de entre 8 e 14 anos, foron impartidos a cargo do mago Joshua Kenneth.

En definitiva, houbo espectáculos moi variados e de gran calidade artística. A veciñanza amesá puido desfrutar ao longo de tres xornadas dos espectáculos e obradoiros de magos galegos e internacionais. Nunha sondaxe que se fixo ao saír das distintas sesión da Gala máxica internacional, as persoas asistentes manifestaron que este ano o festival superou incluso a calidade doutros anos e todos os comentarios foron de satisfacción e moi positivos.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Octubre se despidió con mucha magia en Ames"

Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames

Multimedia

  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames
  • Máis de 1.000 persoas asistiron ao XVIII Festival internacional de Maxia de Ames