Solapas principales

Máis de 600 persoas participan na primeira xornada de “Volta ao cole co comercio” no Milladoiro

Jueves, 05 de septiembre de 2024

A Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Benestar Social, e coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), desenvolve por terceiro ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. A primeira xornada realizouse este pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, por onde pasaron máis de 600 persoas ao longo da tarde. A segunda xornada estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, pero vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.

A área verde da Travesía do Porto, no Milladoiro, acolleu este pasado mércores, 4 de setembro, a primeira xornada do programa “Volta ao cole co comercio”, que organiza por terceira vez a Concellaría de Promoción Económica coa colaboración con XEA. Nesta ocasión, o evento contou coa colaboración das Concellaría de Mocidade e Benestar Social, así como co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL.

En dita xornada participaron máis de 600 persoas. A través desta iniciativa ofreceuse unha tarde chea de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría do Milladoiro.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “un ano máis, a proposta de Volta ao cole co comercio está a ser un éxito. No Milladoiro houbo unha gran participación de familias o que indica que esta iniciativa esta funcionando ben. Este programa serve para que os nenos e nenas se divirtan, pero tamén para aliviar o peso económico que supón para os pais e nais o comezo dun novo curso escolar e para dinamizar o noso comercio. Tratamos de facilitarlles as compras ás familias no comercio con todos os vales que ofrecemos, en colaboración con XEA”.

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, afirma que “este é o segundo ano que o departamento de Mocidade se adhire á iniciativa de Volta ao cole co comercio, e a valoración é moi positiva. O inicio do curso escolar supón para as familias un gran desembolso económico, e deste xeito axudamos aos pais e nais, á vez que dinamizamos as rúas e ofrecemos unha alternativa de ocio para a xuventude”.

Inchables, xogos e holi party
Os nenos e nenas de 3 anos en diante puideron saltar en diferentes inchables e participaron en distintos xogos do mundo, que estiveron dirixidos a todos os membros da familia. As actividades pecháronse cunha holi party, unha festa de pos de cores, na que participaron todos os rapaces e rapazas que acudiron a esta xornada, e incluso, se sumaron mozos e mozas que estaban na contorna, e pais e nais dos/as nenos/as.

Ademais, ao longo da tarde, os nenos e nenas puideron encher cos seus datos os boletos para participar no sorteo de vales de compra para diversas librerías e papelerías e vales do Concello, así como vales de compra cortesía da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). O sorteo realizouse ás 20.00 horas despois da holi party.

A empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL contou cun stand, polo que pasaron numerosas persoas, para informarse dos servizos que ofrece esta compañía galega.

Xornada de Volta o cole en Bertamiráns
A segunda xornada do programa Volta ao Cole co comercio, que estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "A festa da volta ao cole en Ames"

Máis de 600 persoas participan na primeira xornada de “Volta ao cole co comercio” no Milladoiro

Multimedia

  • Máis de 600 persoas participan na primeira xornada de “Volta ao cole co comercio” no Milladoiro