Solapas principales

Máis de 650 persoas participan no cocido dos maiores de Ames

Miércoles, 22 de febrero de 2023

Máis de medio millar de persoas participaron este martes de Entroido no cocido dos maiores de Ames que se celebrou no pavillón municipal de Bertamiráns. O Concello de Ames organizou este xantar de Entroido para darlle aos maiores de 65 anos unha oportunidade para xuntarse, socializar e desfrutar dunha xornada festiva. No xantar serviuse cocido e houbo música, a cargo do dúo Alborada, e realizouse un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e cos establecementos Tómate más fruta e Carnicería Suso. Deste xeito, sorteáronse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames e unha cesta con produtos típicos de Entroido. Unha boa parte da Corporación municipal encabezada polo alcalde, Blas García, participou na festa. Preme nesta ligazón para ver o vídeo resumo do cocido dos maiores de Ames.

O ambiente festivo e de entroido foi o predominante no cocido dos maiores de Ames, que se celebrou onte martes de Entroido no pavillón municipal de Bertamiráns. A festa, á que asistiron máis de 650 persoas, deu comezo ás 14:00 horas. Como non podía ser doutro xeito serviuse cocido de xantar. O Concello de Ames recuperou no pasado mes de xullo a tradicional festa dos maiores. Agora o Concello volveu organizar un novo evento pensado para as persoas maiores do concello.

Trala comida houbo moita diversión e música a cargo do grupo Alborada que amenizaron a festa coa súa música de sempre. Uns clásicos coñecidos por todos e todas que fixeron bailar e cantar a todos/as os/as nosos/as maiores. Os asistentes tamén puideron gozar da actuación dos coros de Bertamiráns Voces da Maía e do Milladoiro Elelas, que forman parte do programa Amessan. Ditos coros formáronse recentemente e as clases están impartidas por voluntarios/as da OVA.

Ademais, trala comida fíxose un sorteo de agasallos, en colaboración coa asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e cos establecementos Tómate más fruta e Carnicería Suso. Deste xeito, sorteáronse varios vales de compras para gastar no comercio de Ames e unha cesta con produtos típicos de Entroido. Moitas das persoas asistiron disfrazadas e con ganas de divertirse. Instalouse un photocall onde moitos dos asistentes fixeron fotos.

Unha boa parte da Corporación municipal encabezada polo alcalde, Blas García, tamén participou na festa. Deste xeito, asistiron a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo; a concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero; o concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández; a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz; a concelleira de Deportes, Susana Señorís; o concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Manuel Lens; a concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez; o concelleiro do Rural e Participación Cidadá, Santiago Márquez, as/os concelleiras/os do Partido Popular de Ames, Oliva Agra, Pablo Beiroa e María Belén Castro, así como o concelleiro de Ciudadanos, José Ramón Oulego.

O alcalde, Blas García, dixo “este martes celebramos a festa dos maiores cun cocido de entroido no que participamos máis de 650 persoas. Teño que dicir que dá gusto ver a actividade, enerxía e gañas de pasalo ben que teñen as persoas maiores. Boa falta fai que nos xuntemos persoas de todo o concello para desfrutar e convivir unhas horas. Estes momentos son os que vale a pena vivir, sobre todo pola alegría, a diversión e a harmonía, e porque nos permiten desconectar da rutina diaria”.

Ademais, destacou que “esta festa non sería posible sen o traballo de Elisa, Diego, Rubén, Soraya, Uxía e Mónica. Sen a organización de Cunde: Cecilia, Tati e Andrés. Sen o cocido, a bebida e os postres do restaurante Taboada, de Touro. Sen os autobuses de Costa. Sen a boa música e a alegría do grupo Alborada. Sen as imaxes de Garacopter audiovisual. E sen os regalos para o sorteo de Xuntanza de Empresarios de Ames, Tómate más fruta e Carnicería Suso”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Fin de entroido con cocido, el mejor plan para 650 mayores de Ames"

Enfoques: "El Cocido dos Maiores de Ames reúne a más de 650 personas"

AMS GO!: "Multitudinario cocido de Entroido para os maiores de 65 en Ames"

No cocido dos maiores participaron máis de 650 persoas

Multimedia

  • Máis de 650 persoas participan no cocido dos maiores de Ames

  • Embedded thumbnail for