Solapas principales

Máis dun centenar de persoas participaron o pasado sábado na actividade Xogos do Mundo, organizada por AMIGA

Martes, 17 de octubre de 2023

A Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA) organizou o pasado sábado a actividade “Xogos do mundo – unha viaxe intercultural a través do xogo”, evento que tivo lugar no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, e que contou coa colaboración do Concello de Ames. Arredor de 100 nenos e as súas familias participaron en distintos xogos tradicionais populares. A actividade estivo subvencionada pola Xunta de Galicia a través do seu programa de fomento ao voluntariado. Asistiron ao evento o alcalde de Ames, Blas García, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García.

O Concello de Ames, a través do departamento de mediación intercultural municipal, da Concellaría de Benestar Social, colaborou unha vez máis coa Asociación de Migrantes de Galicia (AMIGA), que nesta ocasión organizou unha xornada de xogos tradicionais denominada “Xogos do Mundo – Unha viaxe intercultural a través do xogo”, que realizou o pasado sábado, 14 de outubro, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns.

Durante a xornada houbo numerosos xogos populares aos que se sumaron os nenos e nenas. Cada xogo dispuxo de carteis coa explicación da súa procedencia e orixe. A actividade foi financiada a través da subvención da Xunta de Galicia para entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado.

Esta actividade xa se realizou o ano pasado dento da Feira de Voluntariado do Concello de Ames, acadando, como nesta ocasión, moito éxito. A presidenta da Asociación de Migrantes de Galicia, Maite Bustamante, explica que “un ano máis volvemos a realizar estes xogos do mundo con gran satisfacción, nun enclave que nos permitiu chegar a moitas familia. Estamos satisfeitos coa acollida da veciñanza, que respondeu moi ben pese a avisar con tan pouca antelación”.

O alcalde de Ames, Blas García, coa concelleira de Benestar Social, Uxía García (dta) e a presidenta da Asociación de Migrantes de Galicia, Maite Bustamante (centro)

Multimedia

  • Máis dun centenar de persoas participaron o pasado sábado na actividade Xogos do Mundo, organizada por AMIGA
  • Máis dun centenar de persoas participaron o pasado sábado na actividade Xogos do Mundo, organizada por AMIGA
  • Máis dun centenar de persoas participaron o pasado sábado na actividade Xogos do Mundo, organizada por AMIGA