Solapas principales

Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente, ofreceu unha charla no IES de Ames

Jueves, 11 de mayo de 2023

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Xuventude, organizou xunto co departamento de Educación Física do IES de Ames, unha charla dirixida ao alumnado de primeiro de bacharelato na que participou Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente. En dito encontro Marcelo Lusardi compartiu co alumnado a súa experiencia e mostroulles que ter unha discapacidade non é motivo para quedar atrás nin sentirse menos que ninguén.

O alumnado de primeiro de bacharelato do instituto de Ames, situado en Bertamiráns, participou o pasado venres, 5 de maio, nun encontro organizado pola Concellaría de Xuventude e o departamento de Educación Física do propio instituto. A charla estivo protagonizada por Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente.

Imaxinas por un momento quedar cego e que a túa vida non faga máis que mellorar? Esta foi a temática da charla impartida por Marcelo Lusardi o pasado venres aos alumnos e alumnas de primeiro de bacharelato do IES de Ames.

O xoven skater amesán compartiu co alumnado a súa historia e mostroulles que ter discapacidade non é motivo para quedar atrás nin sentirse menos que ninguén. Ademais, contoulles que el puido seguir facendo skate a pesar das circunstancias.

A xornada culminou cunha mesa redonda entre Marcelo Lusardi e mailo alumnado, onde lle fixeron preguntas todo tipo nun ambiente moi próximo e agradable.

Marcelo Lusardi agradécelle á Concellaría de Xuventude a organización deste encontro, que permitiu divulgar e normalizar o que é ter unha discapacidade, e aos/ás alumnos/as e profesores/as polo bo trato recibido e por escoitalo.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O mozo amesán Marcelo Lusardi denostra que a falta de visión non é problema ningún para o skate"

Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente, ofreceu unha charla no IES de Ames

Multimedia

  • Marcelo Lusardi, un xoven skater do Milladoiro que é invidente, ofreceu unha charla no IES de Ames