- Tematica
A pasada fin de semana disputouse en Ourense o Campionato Galego sub16 de atletismo en pista cuberta, no que participaron dúas integrantes do club Ames Atletismo. María Estévez correu na proba dos 600 metros lisos, logrando mellorar a súa marca persoal e proclamándose campioa galega na súa categoría.
A cidade de Ourense acolleu o pasado sábado, 11 de marzo, o XXXVI Campionato Galego sub16 de atletismo en pista cuberta. Á competición acudiron, por parte do club Ames Atletismo, dúas representantes: María Estévez, que participou na proba dos 600 metros lisos, e Ada Bigliani, que correu na dos 60 metros lisos. Ámbalas dúas lograron completar unha gran actuación.
María Estévez, pola súa parte, proclamouse campioa galega, logrando superar a súa marca persoal e volvendo a facer mínima nacional. O logro da atleta é especialmente meritorio, posto que a proba contou cun alto nivel, e as catro primeiras clasificadas correron por debaixo do tempo da mínima nacional.
Doutra banda, Ada Bigliani, continuando co nivel ascendente que vén acadando ao longo desta tempada, quedou terceira na súa eliminatoria, logrando tamén bater a súa marca persoal.
A vindeira proba que disputarán os atletas do club será o Campionato de España sub16 en pista cuberta, que volverá a celebrarse nas instalacións sitas en Ourense, e que terá lugar os días 25 e 26 de marzo.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "María Estévez, de Ames Atletismo, proclámase campioa galega nos 600 metros lisos"
AMS GO!: "María Estévez, do Ames Atletismo, campioa galega de 600 metros lisos"