- Tematica
A Concellaría de Benestar Social organizou, a través da subvención do Pacto de Estado, dúas sesións de psicoloxía e sexualidade feminina dirixidas ás mulleres de Ames. Tras a primeira, celebrada o pasado 19 de abril en Bertamiráns, onte, martes 27 de abril, pechouse o programa na Casa de Cultura do Milladoiro. A actividade enmárcase na campaña “Ames en Igualdade” que organiza diferentes obradoiros. As persoas que non puideron asistir a ditas masterclass, poden ver a masterclass impartida no Milladoiro na canle de Youtube do Concello de Ames.
Eliminar mitos sobre as mulleres nas relacións sexuais, fomentar a comunicación e conseguir que as mulleres se empoderen para poder desfrutar da súa sexualidade eran os obxectivos destas dúas masterclass. A campaña de información “Ames en Igualdade: empoderamento sexual feminino” chegou ao concello coincidindo coa celebración da I Feira do Ben-Estar que se desenvolveu no Pazo da Peregrina os días 10 e 11 de abril. Neste marco instalouse a caravana itinerante informativa que complementa ás clases de psicoloxía e sexualidade para mulleres que en Ames se desenvolven en dúas xornadas diferentes: o pasado 19 de abril impartiuse en Bertamiráns, mentres que no Milladoiro foi este martes 27 de abril.
A través de exemplos reais e anécdotas nas que as oíntes se sentiron reflectidas, xunto con información profesional, a poñente destas dúas sesión intentou eliminar tabús sobre as relacións sexuais das mulleres.
Debido ás restricións de aforo, á última sesión celebrada no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acudiron 12 persoas de xeito presencial e casi outras tantas vía streaming. As persoas que non puideron asistir a ditas masterclass, poden ver a masterclass impartida no Milladoiro na canle de Youtube do Concello de Ames.
Luísa Feijóo, concelleira da área de Igualdade, aseguro que: “A expectación e a boa acollida que tiveron estes obradoiros son indicativos de que debemos seguir traballando nesta liña e sobre todo afondando no emponderamento das mulleres a través de diferentes accións. Temos que seguir traballando para rachar con tabús , falsos mitos e estereotipos nun intento de alcanzar a igualdade real e o emponderamento feminino “.
Pautas para o empoderamento sexual
O díptico preparado polo departamento de Igualdade da pautas sobre as actitudes a adoptar para lograr ese empoderamento, resume en 10 tips as recomendacións para acadar unha vida sexual plena e satisfactoria. Fala de seleccionar rigorosamente as fontes de consulta e reducilas a expertos/as; incide na necesidade de escoller o modelo sexual propio; abandeira o lema “o teu corpo é o teu aliado”; recomenda adestrar a mente e xestionar ben as emocións.
Matiza que en materia de sexo non hai normas preestablecidas nin límites ao pracer; enxalza os valores de dignidade, respecto e autoestima como cimentos para que a sexualidade sexa segura, satisfactoria e realmente pracenteira; conmina á comunicarse coa parella e a chegar a acordos nas relacións sexuais: “a túa parella non ten porque adiviñar o teu pensamento”; e, por último, convida ás mulleres a cumprir fantasías persoais ou compartidas, sempre baixo a premisa do respecto a unha mesma e aos/as outros/as.
A campaña “Empoderamento sexual feminino en igualdade” inclúe mensaxes como “Apaga o interruptor da racionalidade e acende o da fantasía e a luxuria”, “A saúde sexual é importante: máis vale previr que curar” ou “Os teus mínimos son en realidade a base de todo”. Toda a campaña está orientada a mellorar a saúde sexual das veciñas de Ames.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "El empoderamiento llega a las vecinas por Youtube"