- Tematica
A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 23 de decembro de 2020 a adxudicación do contrato de servizos para o desenvolvemento, implantación e seguimento dun software específico para a xestión dos servizos que se prestan a domicilio (Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa e servizo de teleasistencia). Dito contrato foi a adxudicado á empresa Consultoría e Informática para la Gestión Social (CIGESOD) por un importe total de 8.482,10 euros. Esta aplicación comezou a ser empregada polo persoal do departamento de Servizos Sociais o pasado 1 de xaneiro deste ano.
O Concello de Ames mellorou os servizos que se prestan a domicilio (Servizo de Axuda no Fogar, Xantar na Casa e servizo de teleasistencia) co apoio dunha ferramenta informática específica que permite a execución dunha serie de funcionalidades co fin de garantir un maior control, transparencia e mellor xestión das prestacións básicas e complementarias que leva a prestación deste servizo. O obxecto do presente contrato é automatizar todas aquelas tarefas que implican a xestión do servizo de acordo cos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.
Deste xeito, dáse cobertura á necesidade de dotar ao departamento de Servizos Sociais dunha ferramenta que garante a dispoñibilidade permanente de toda a información relativa á prestación nun único repositorio, en tempo real e dunha forma ordenada; e que esa información poida ser utilizada para mellorar a xestión a diferentes niveis (estandarización de procesos, control real de servizos prestados, garantía de calidade ás usuarias, xestión do copago, etc).
Dito contrato foi a adxudicado á empresa Consultoría e Informática para la Gestión Social (CIGESOD) por un importe total de 8.482,10 euros. O pagamento do contrato farase en dúas anualidades. En 2021 aboaranse 5.142,50 euros (1.802,90 euros en concepto de implantación da aplicación e 3.339,60 euros polo mantemento e licenzas). No ano 2022 pagaranse 3.339,60 euros tamén polo servizo de mantemento e licenzas. A duración do contrato será de dous anos, podendo prorrogarse anualmente ata un máximo de catro anos.
A aplicación estase a usar dende o pasado 1 de xaneiro para a xestión dos procesos básicos do servizo; planificación xeral e individualizado do servizo; control de asistencia e puntualidade das auxiliares; xestión dos tempos de traballo; cobro e pago dos servizos; xestión dos servizos complementarios; explotación dos datos: e control do servizo de Xantar na Casa e teleasistencia.
Por outra banda,esta ferramenta informática dispón dun módulo de acceso para os/ás usuarios/as a e/ou familiares de ditos servizos co obxectivo de que poidan acceder á información do seu expediente relativa ao plan de intervención, horarios, tarefas, auxiliar, fichaxes, incidencias, liquidacións mensuais ou outra funcionalidades relacionada coa prestación dos servizos.
Planificación do servizo de Xantar na Casa
Ademais, esta aplicación informática dispón, no caso do servizo de Xantar na Casa, o desenvolvemento das seguintes funcionalidades: planificación dos menús semanais, control e rexistro de incidencias, mantemento da lista de espera e realización automatizada das liquidacións mensuais.
A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, explica que “esta aplicación permite dar un paso máis na mellora da xestión e planificación dun servizo tan importante para nos como é o de axuda no fogar xa que nos permite unha planificación xeral e individualizada dos servizos diarios, semanais… das persoas usuarias, realizando o reaxuste automático mensual dos tempos de servizo co obxectivo de que estes coincidan coas horas do PIA asignadas ao tempo que, de forma automática, elabora novos plans de intervención, e cuadrantes de auxiliares”.
Luísa Feijóo engade que “esta aplicación é utilizada de forma cotiá polo traballadora social responsable do servizo, pero os/ás usuarios/as a e/ou familiares de ditos servizos poderán acceder a dita plataforma co obxectivo de que poidan acceder á información do seu expediente relativa ao plan de intervención, horarios, tarefas, etc.”.
Novas relacionadas:
Revista AmesGo: "Unha aplicación informática mellorará os servizos de axuda no fogar e xantar na casa"