Solapas principales

Música de autor para o sexto concerto do AmesON

Viernes, 30 de julio de 2021

O programa “AmesON” culmina o mes de xullo co concerto de Xosé Constenla Grupo. O cuarteto, formado por músicos de primeiro nivel, será o encargado de poñerlle o broche de ouro ao mes de xullo. O concerto celebrarase o sábado 31 na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.

A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de concertos para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

O sexto concerto do “AmesON”, dos trece que están programados, será o do cuarteto  Xosé Constenla Grupo.

O grupo está formado polas melodías do baixo e do contrabaixo de Pablo Sanmamed, polos acordes dos teclados de Javier Constenla, polas notas da batería de Rober Vázquez e pola voz de Xosé Constenla. Música de autor para revitalizar o sector da hostalaría e animar á veciñanza a gozar das noites do verán en Ames.

A música do “AmesON” volverá no mes de agosto da man de Son de Tres.  Podése ver o cartel ca programación nesta ligazón.

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "O cantautor Xosé Constenla trae ‘O Globo Vermello’ ao AmesOn"

El Correo Gallego: "O Festival AmesOn terá como protagonista ao Grupo Xosé Constenla"

Concerto de Xosé Constenla Grupo