Solapas principales

Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa fixeron vibrar coa súa música á mocidade que asistiu ao SolporSon de Ames

Martes, 17 de diciembre de 2019

O festival SolporSon de Ames 2019 xa é unha realidade. O éxito de participación da primeira edición deste festival de música confirma que esta iniciativa perdurará no tempo. Varios centos de persoas de Ames e da contorna acudiron ao festival que estivo presentado pola xornalista, Paula Señarís. Dende as 19.30 horas actuaron os grupos Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Tamén houbo batalla de galos (regueifa moderna) e unha exhibición de grafite.  Esta iniciativa, posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística, xurdiu tralas xuntanzas realizadas cos mozos e mozas dentro da Comisión de orzamentos participativos que foron creados pola Concellaría de Economía e Facenda. Gracias a Inés Duport e Luís Santaolalla Photo & Vídeo pola cesión das fotos publicadas do SolporSon de Ames 2019.

A tarde comezou con dúas actividades dinamizadas por Vella Escola, referente dende hai xa 10 anos na organización de actividades de cultura urbana dirixidas á mocidade. Despois da realización dun grafitte a cargo de JA (@jandmade), houbo unha batalla de galos (regueifa moderna). A final estivo protagonizada por Anxo e Kumas. Finalmente, o primeiro premio, dotado de 200 euros, foi para Anxo, mentres que o segundo premio de 100 euros recaeu en Kumas. O terceiro premio de 50 euros foi para Dose K, e o cuarto premio dotado de roupa urbana para Khaozz.
 
Posteriormente, comezaron as actuacións musicais. Náiade foi o primeiro grupo que se subiu ao escenario. Trátase dunha banda local de rock-blues galego. Trisca foi o seguinte grupo local en actuar. Eles son 3 mozos que levan tocando dende o pasado mes de setembro e que tamén debutarán en Biduído. E xa con Biribirlocke completáronse as agrupacións locais que actuaron no festival. Son de Bugallido xa levan dende o ano 2010 facéndonos desfrutar do seu rock and roll. Tamén se puido desfrutar da música de Monoulious Dop, Son da Rúa e De Vacas, recoñecidos grupos de música galega. Accedendo a este enlace poderás ver unha galería de fotos do festival.

Cómpre recalcar que tres das bandas que actuaron no Solporson, Náiade, Triska e Biribirlocke, son grupos locais de Ames. Ademais, Náiade e Triska, que ensaian na Factoría, debutaron actuando nun festival.
 
Afiánzase así esta nova iniciativa posta en marcha dende a Concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística, que xorde das xuntanzas realizadas cos mozos e mozas dentro da Comisión de orzamentos participativos que foron creados pola Concellaría de Economía e Facenda.

A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, destaca que “a choiva non logrou baixar os ánimos de tódalas persoas que decidiron achegarse este sábado a Biduído a facer do SolporSon de Ames unha fantástica festa.  Grazas a tódolos/as integrantes do cartel por aceptar, con tanta ilusión, ser a cara visible deste festival: Vella Escola, Náiade, Triska, MonouliusDop, DeVacas, Biribirlocke, SonDaRúa e Paula Señarís”.

Escarlata Pampín tamén dixo “con este festival quedou patente o gran talento musical que teñen moitos/as mozos/as do noso concello. A seguir traballando facéndonos desfrutar da boa música. Gracias tamén a Pili e a Rosalía, persoal municipal, polo seu traballo e dedicación, así como aos compañeiros concelleiros/as David Santomil e Natividad González polo seu apoio e consellos e a todas as persoas que contribuíron, dalgún xeito, ao éxito deste SolporSon de Ames 2019”.

Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019

Multimedia

  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019
  • Imaxe do festival SolporSon de Ames 2019