Solapas principales

Nicolás Collazo, do club Ames Atletismo, proclámase campión galego sub16 na proba de 5000 metros marcha

Miércoles, 30 de noviembre de 2022

O pasado sábado, 26 de novembro, disputouse na Pobra do Caramiñal o Campionato Galego de marcha en pista, que contou coa participación de cinco rapaces do club Ames Atletismo. En canto aos resultados obtidos, cómpre destacar a medalla de ouro de Nicolás Collazo, que logrou facerse coa vitoria na proba de 5000 metros en marcha en pista, proclamándose campión galego na categoría sub16.

O club Ames Atletismo participou o sábado pasado, 26 de novembro, no Campionato Galego de marcha celebrado nas pistas municipais da Pobra do Caramiñal. A competición contou coa presenza de cinco atletas do club. En canto aos resultados, cabe destacar a vitoria de Nicolás Collazo, en 5000 metros, que logrou a súa mellor marca persoal, baixando o seu rexistro en 40 segundos.

Agora, dende o club preparan xa a próxima cita deportiva de Collazo, que co seu resultado puido clasificarse para competir no Campionato de España de marcha, que terá lugar en Cieza (Murcia) o día 11 de decembro.

Na proba de marcha participaron tamén as/os atletas Ainhoa Suárez, Lois García e Ángel Carballeira, logrando completar tres grandes actuacións. Pola súa banda, a adestradora de Nicolás Collazo, Mayka Jueguen, logrou a medalla de bronce na categoría máster 45 do 5000 metros marcha.

Así mesmo, o club Ames Atletismo contou tamén con representación na competición de control de marcas, tamén celebrada este sábado na Pobra do Caramiñal. Tres alumnos do club debutaron en pistas: Thais Villar, Antía Cheda e Arón Grille.

Novas relacionadas:

AMS GO!: "O amesán Nicolás Collazo, campión galego sub16 de 5000 metros marcha"

Nicolás Collazo e a súa adestradora, Mayka Jueguen

Multimedia

  • Nicolás Collazo, do club Ames Atletismo, proclámase campión galego sub16 na proba de 5000 metros marcha