- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu a primeira xuntanza do Consello sectorial da Cultura, despois de que se aprobase de xeito definitivo o regulamento do Consello no pleno ordinario do pasado mes de xullo. Nesta primeira xuntanza nomeáronse os/as 11 vogais representantes das asociacións que integrarán o Pleno do Consello. Ademais, abordouse a fixación do calendario de reunións ordinarias do Pleno do Consello. Deste xeito acordouse unha xuntanza para o luns, 30 de xaneiro, para comenzar a organizar os grupos de traballo que formarán parte do Consello. Tamén se presentou o Plan Cultural de 2022 e maila avaliación da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2022. A xuntanza estivo presidida pola concelleira de Cultura, Natividade González, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez.
A semana pasada realizouse a primeira xuntanza do Consello sectorial da Cultura no que participaron a concelleira de Cultura, Natividade González, a técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez, e representantes de diferentes asociacións culturas do concello. Cómpre lembrar que no pleno do 28 de xullo de 2022 aprobouse de xeito definitivo o regulamento do Consello, coa estimación parcial das alegacións informadas pola Secretaría municipal. Posteriormente, o 9 de agosto de 2022, o acordo de aprobación definitiva publicouse no BOP.
Nesta primeira xuntanza nomeáronse os/as 11 vogais que representan ás asociacións que integrarán o Pleno do Consello. Tamén se fixou un calendario de reunións ordinarias do Pleno do Consello. A seguinte reunión está prevista para o luns, 30 de xaneiro, co obxectivo de comenzar a traballar na organización dos grupos de traballo que formarán parte do Consello.
O Pleno do Consello está integrado pola concelleira de Cultura, Natividade González, a técnica de departamento de Cultura, María Vázquez, a concelleira do PSOE, Beatriz Martínez, a concelleira do BNG, Escarlata Pampín, o concelleiro de Partido Popular, Francisco Javier Olmo, a directora da Escola Municipal de Música de Ames, un técnico da Biblioteca Municipal de Ames, o director da Escola Municipal de Teatro de Ames, e representantes das seguintes asociacións culturais: asociación cultural Antonio Santomil, asociación cultural Lojo Batalla de Tapia, asociación sociocultural de mulleres San Xoán de Ortoño, asociación de veciños de Ortoño, Nova Escola Galega, asociación cultural Coro son Elas, asociación cultural Os Castros e asociación Os Retranqueiros.
Plan Cultural de 2022
En dita xuntanza tamén se presentou o Plan Cultural de 2022. Dito Plan pretende mostrar os obxectivos que persigue a programación cultural e como se xestiona a Concellería de Cultura do Concello de Ames, de xeito gráfico, e no día a día. En dito documento defínense os recursos cos que se contan, e dáse conta deles, a relación con outras institucións, estrutura das diferente áreas e programas, o persoal que a conforma, organización interna, canles de comunicación, entre outros asuntos. Trátase de facer unha labor informativa e de transparencia, coa intención de que de forma anual se elabore cada ano este documento onde se poderán consultar as memorias gráficas e os datos de interese para entender a xestión municipal da Cultura no Concello de Ames.
A concelleira de Cultura, Natividade González, explica que “a través do Plan Cultural trátase de reflectir unha nova concepción da política cultural que engade parámetros do desenvolvemento económico, rexeneración urbana e promoción da imaxe, como alternativa aos obxectivos tradicionalmente culturais. Necesitamos plans estratéxicos que nos poidan axudar a conseguir perspectiva a medio prazo, e marcar a folla de ruta do noso concello, pensar, analizar as futuras accións e marcar horizontes. Busca consenso e participación, espazos de encontro entre os axentes públicos, privados e sociais. Busca ferramentas comunicativas de primeira orden”.
Avaliación da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2022
Por último, presentouse unha avaliación da programación de artes escénicas do primeiro semestre de 2022, para valorar o seu deseño e execución, co fin de obter información para mellorar futuras programacións, crear fidelidade entre o público e crear novos hábitos culturais na cidadanía amesá. Hai que lembrar que en maio de 2021 realizouse unha enquisa co obxectivo de introducir posibles melloras na programación que organizou a Concellaría de Cultura en 2022. A través de dita enquisa interpelouse á veciñanza sobre a valoración da organización dos eventos de artes escénicas.
Segundo explica a concelleira de Cultura “manexamos datos cuantitativos sacados das enquisas que o público foi cubrindo ao remate de cada función. Á hora de confeccionar a programación tivéronse en conta unha serie de criterios baseados na calidade, diversidade de linguaxes e estéticas e que transmitisen dalgunha maneira, valores culturais, sociais, lingüísticos e de xénero”.