Solapas principales

Novos contidos online da Aula CeMIT para o mes de xuño

Lunes, 01 de junio de 2020

As instalacións da Aula CeMIT de Ames permanecen pechadas ao público debido ao estado de alarma provocado pola COVID19, pero a súa actividade segue funcionando. A Aula, seguirá ofrecendo durante o mes de xuño cursos semanais de temática moi variada coa intención de seguir acollendo á maior cantidade de xente posible. Ademais, procedeuse á creación dunha web sinxela na que centralizan a información de todas as actividades á que podes acceder premendo neste enlace.

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, encóntrase pechada ao público debido á alerta sanitaria. Aínda así, esta aula informativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como un dos seus obxectivos principais desenvolver formación para os veciños e veciñas de Ames aínda que nos atopemos vivindo circunstancias excepcionais.

Sistema de ensinanza

Os cursos contarán cun temario adaptado a esta nova realidade, dividíndose as súas horas lectivas en dúas modalidades: sesións teóricas dende a plataforma de Youtube e sesións titoriais de práctica voluntaria dende Jitsi Meet.

As sesións teóricas dende Youtube serán as sesións obrigatorias nas que se impartirán leccións en directo, podendo participar no chat para facer preguntas. O acceso é sinxelo, pero requírese rexistro en Youtube a través dunha conta de Google para poder empregar o chat.

En canto as sesións titoriais de práctica voluntaria dende Jitsi Meet, serán intercaladas entre as sesións teóricas nas que os alumnos poden acceder a unha sala de videoconferencia para resolver dúbidas ou realizar prácticas guiadas polo profesor. A plataforma Jitsi Meet permite compartir a pantalla dos usuarios, e non require rexistro nin instalación, polo que é ideal para estas sesións.

Unhas horas antes do comezo de cada sesión, recibirase por correo electrónico unha ligazón para acceder ao seminario. Os requisitos son mínimos, conexión estable á rede e un ordenador, tablet ou móbil. Recordar que para matricularse en calquera das nosas actividades é preciso estar rexistrado na rede CeMIT. 

Actividades do mes de xuño

Para este mes de xuño hai programados  diversos cursos. Para coñecer os días que se levarán a cabo e os horarios, consulta a imaxe que está ao pé.

  • “O correo electrónico”: curso de nivel intermedio onde se aprenderá a sacarlle todo o partido ao correo electrónico. Organizalos con filtros automatizados en diferentes etiquetas, funcións novas como a programación de envío en Gmail e as opcións de configuración dispoñibles.
  • “Presentacións con LibreOffice Impress”: curso de nivel intermedio no que se aprenderá a engadir toda clase de elementos e darlles ao formato desexado en LibreOffice Impress.
  •  “Atopa na rede!”: buscar na rede é sinxelo, pero buscar ben na rede non é tan fácil. Aprenderás sobre que buscador se adapta mellor ao que precisamos, que operadores de busca están dispoñibles e empregar os seus filtros avanzados.
  •  “Crea a túa páxina web persoal!”: curso de introdución á creación dunha web persoal sinxela con Google Sites, un sistema moi útil para poñer o noso currículo online ou portfolio, pero tamén para tratar calquera tema que nos guste.

Seminarios FEGAUS

Durante estes días tamén hai planificados varios seminarios de FEGAUS, cos que se conectará por videoconferencia. O primeiro deles é “Crea o tu perfil en Facebook” o venres 5 de xuño, “Mantente ao día en Twitter” o próximo venres 12 de xuño e “Bloguear con máis de 60 anos: crea o teu primeiro blog” o venres 19 de xuño. Todos teñen o mesmo horario, de 10.30 a 11.30 horas.

Máis información e reserva de praza

Para máis información ou reservar praza en calquera das actividades pódese chamar ao teléfono 682 373 753 ou enviar un correo a cemit.ames@xunta.gal. O horario de atención ao público é de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas e 16.30 a 19.30 horas.

Ademais, para coñecer a última hora da aula e estar sempre informado das actividades pódese seguir a Aula CeMIT no seu Facebook ou no seu Instagram.

Cartel Aula CeMIT xuño

Multimedia

  • Cartel Aula CeMIT xuño