- Tematica
A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o vindeiro venres, 29 de abril, ás 20.30 horas, un concerto de Nuria Yusta, coñecida artisticamente como Ría Tado, no que fará un tributo ao dúo vocal e instrumental estadounidense formado polos irmáns Karen e Richard Carpenter, coñecidos como The Carpenters. A entrada para asistir a este espectáculo será de balde ata completar aforo.
A Concellaría de Cultura ademais de elaborar unha programación propia que se desenvolve ao longo do ano nas dúas Casas da Cultura e noutros locais municipais, tamén abre as instalacións do concello a todos/as aqueles/as artistas que queiran presentar as súas obras e espectáculos. Así o fai con distintas exposicións no Pazo da Peregrina ou na Casa da Cultura do Milladoiro.
Neste caso abre as instalación da Casa da Cultura de Bertamiráns a Nuria Yusta, coñecida artisticamente como Ría Tado, que ofrecerá o venres, 29 de abril, ás 20.30 horas, un concerto tributo ao dúo The Carpenters.
A artista catalá, que está afincada dende hai uns anos na Coruña, dispón dun amplo repertorio, pero onde se manexa mellor e interpretando ópera. Agora está inmersa no seu novo espectáculo onde lle rende tributo ao dúo vocal e instrumental estadounidense formado polos irmáns Karen e Richard Carpenter. Este espectáculo xa o realizou en varios locais de Barcelona.
Nuria Yusta é cantante e estudou no Conservatorio de Barcelona. Interpreta varios estilos de música, dende a ópera ata outros estilos como o jazz e mailo blues. Leva xa varios anos residindo na cidade da Coruña e está estudando interpretación en Estudio Teatral Casa Hamlet. Tamén cómpre salientar que participou no programa Bamboleo da Television de Galicia.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Concerto de balde de Ría Tado o venres na capital"