O alcalde de Ames, José Miñones, estivo na visita do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luís Planas, ás instalacións de CLUN. O rexedor municipal aproveitou a ocasión para entregarlle ao Ministro un dossier do Plan municipal de prevención de incendios forestais, mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa. Ademais, vaise enviar copia do dossier á Delegación do Goberno para que dito plan sexa estudado por se serve de modelo a nivel nacional.
O rexedor municipal estivo na visita do Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación en funcións, Luís Planas, ás instalacións de CLUN. José Miñones aproveitou a ocasión para entregarlle ao Ministro un dossier do Pan municipal de prevención de incendios forestais, mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa. No dossier recóllese o traballo feito dende o ano 2016, momento no que se iniciou dito proxecto. Tamén puido explicarlle en que consiste dito plan e falar das plantacións e hectáreas traballadas. Por último, entregoulle un libro con fotografías de Ames co obxectivo de que poida coñecer máis polo miúdo o municipio amesá.
Ademais, vaise enviar copia do dossier á Delegación do Goberno para que dito plan sexa estudado por se serve de modelo a nivel nacional. Durante as tres anualidades que se leva desenvolvendo este plan actuouse en 119.404 metros cadrados de terreo forestal plantando 2.987 plantas.
O alcalde de Ames, José Miñones, quixo “felicitar a CLUN por todo o traballo que está facendo” e agradeceulle ao ministro a visita “por achegarse a coñecer o funcionamento de empresas con tanta relevancia como é CLUN dentro do sector lácteo”.
Plan municipal de prevención de incendios forestais
Na primeira fase, 2016-2017, actuouse sobre 37 parcelas no núcleo de Piñeiro, cubrindo un total de 19.374 metros cadrados. O número total de plantas que se lograron establecer na primeira fase foi de 815, gracias ás 37 adhesións ao plan que se asinaron entre 33 propietarios implicados e o Concello de Ames, cun financiamento do 80% por parte da Administración local nas actuacións de limpeza, tala e plantación.
Por outra banda, na segunda fase, 2017-2018, rematouse o ámbito 18 de Piñeiro (iniciado en 2016) e actuouse no ámbito 27 de Piñeiro, así como nos ámbitos 4A e 4B de Aldea Nova, que comprenden parte da urbanización de Aldea Nova e as edificacións illadas que aglutinan talleres, concesionarios e gasolineira da zona. Actuouse en 76 fincas, cunha superficie total de 57.030 metros cadrados, nas que se plantaron 1.570 (1.206 castiñeiro, 11 freixos, 67 abeleiras, 82 cerdeiras, 113 radairos, 36 bidueiros e 9 noceiras), grazas ás 76 adhesións ao plan asinadas con 44 propietario implicados.
Por último, na terceira fase, 2018-2019, un total de 57 persoas adheríronse ao Plan de medidas preventivas fronte incendios forestais, mediante a plantación de frondosas caducifolias na rede de faixas secundarias de xestión de biomasa. Deste total, executáronse 33 adhesións (7 en ventosa e 26 en Pena Amarela e nos Batáns). Actuouse nunha superficie de 43.000 metros cadrados de terreo forestal, onde se plantaron 602 árbores: 286 castiñeiros (47,5% do total de árbores plantados), 130 bidueiros (21,6%), 82 carballos (13,6%), así como noceiras, cerdeiras, abeleiras, bidueiros, freixos, ameneiros e pradairos.
Visita do Ministro a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN)
Na súa visita a Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN), a unión de tres cooperativas e o maior proxecto de integración cooperativa recente en Galicia, Planas incidiu no compromiso do Goberno de España por dotar de estabilidade e facilitar un crecemento ordenado do sector a través desta norma.
Puxo en valor o traballo das cooperativas, empresas ligadas ao mundo rural, que son todo un exemplo, pero que teñen que seguir gañando en dimensión para incrementar o valor das súas producións. Tamén fixo un chamamento ao sector lácteo para seguir avanzando nas organizacións de produtores, figura que fortalece o seu papel negociador e que lles permite mellorar as estruturas de transformación e venda para xerar maior valor engadido. En marzo de 2019, o Goberno aprobou un real decreto para mellorar o poder de negociación dos produtores ou incluír nos contratos cláusulas de repartición de valor.
O ministro destacou que Galicia concentra un 38% da produción total de España que en 2018 superou os 7,1 millóns de toneladas, o 1,4% máis respecto a 2017. As autonomías da cornixa cantábrica (Galicia, Asturias, Cantabria e País Vasco) suman máis da metade da produción de leite e contan co 80% dos gandeiros.
O ministro sinalou que, tras o fin das cotas lácteas en 2015, a sustentabilidade do sector pasou a depender da súa propia capacidade de modernizarse e competir, o que está relacionado coa dimensión e o feito de que o número de explotacións descendese un 6% anual, pero non así a produción que aumentou. Animou ao sector para seguir avanzando na diferenciación de produtos, con maior valor engadido, apostando pola calidade, o benestar animal e a sustentabilidade, pero tamén na diversificación de produtos transformados e de mercados exteriores.
En aras de facilitar ao consumidor a elección, desde xaneiro deste ano está en vigor unha nova norma que obriga a etiquetar a orixe do leite. Este real decreto foi moi demandado polo sector, porque achega un plus de transparencia e diferenciación.