Solapas principales

O alcalde de Ames visita ás obras da senda peonil de Sisalde

Viernes, 09 de julio de 2021

Esta mañá o alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez, achegouse ata a senda peonil que unirá Sisalde e Agro do Muiño, na parroquia de Ortoño. A obra, adxudicada por 99.601,74 euros, xa está en execución. A través desta actuación preténdese mellorar a seguridade viaria nun tramo moi utilizado para a práctica do deporte e o paseo dos veciñas e veciños do entorno, converténdose nunha ruta habitual de tránsito.

Na súa construción da senda peonil estase a utilizar quince centímetros de zahorra de canteira e quince de formigón, ademais de mallazo e xuntas de dilatación.

Previo a botar o pavimento, contémplase a canalización de tubería de PVC de 315 milímetros de diámetro e maila execución de 26 pozos con sumidoiro para unha correcta recollida de augas pluviais e a canalización dun tubo de polipropileno verde para iluminación pública, todo elo previa escavación de zanxa e posterior recheo compactado da mesma.

Ademais, estase a construír un muro de bloques de granito de 120 metros de lonxitude e 1,50 metros de alto, para a contención de terras, coa correspondente varanda metálica de protección. Esta obra tamén contempla a colocación de 220 metros de bordo exterior de formigón prefabricado, en protección de taludes.

Nesta obra, incluído no POS complementario do ano 2019 da Deputación da Coruña, tamén se procederá ao soterramento da liña telefónica, xa que existían máis dunha ducia de postes que estaban colocados no medio sa senda e deficultaban o paso e accesibilidade pola mesma. Esta actuación de eliminación e soterramenton da liña se acometerá confondos propios.

Para o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, é importante "mellorar e facilitar a seguridade peonil, especialmente en varios núcleos do rural e zonas que se usan habitualmente para camiñar, como é o caso", e continúa dicindo que "ademais con esta senda se facilitará a comunicación co lugar de Sisalde". Incide tamén na actuación do soterramento da liña telefónica, "que representa unha importante aposta por ir eliminando o cableado aéreo de certos puntos". 

Pola súa banda, o concelleiro de Medio Rural, Santiago Márquez engadiu que: “coa realización deste tipo de obras, o Goberno de Ames está apostando tamén polo fomento dunha mobilidade sostible, ao tempo que quere ofrecer á veciñanza do rural e as persoas afeccionadas a camiñar ou a correr unha maior seguridade viaria”.  

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Avanza a senda peonil entre Sisalde e Agro do Muíño"

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez

Multimedia

  • Plano senda peonil Sisalde
  • O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez
  • O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez
  • O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez
  • O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez
  • O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co concelleiro do Rural, Santiago Márquez