Solapas principales

O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia

Martes, 14 de septiembre de 2021

As obras para mellorar a seguridade peonil nas parroquias de Bugallido e Biduído deron comezo o 25 de agosto de 2021. O alcalde de Ames, Blas García, achegouse ao lugar para coñecer como se atopan os traballos. A obra, que responde a unha vella demanda veciñal, ascende a 184.547 euros.

O alcalde de Ames, Blas García, o concelleiro do Medio Rural, Santiago Márquez e a Arquitecta Tecnica, María Gamundi, visitaron as obras da senda peonil entre Outeiro e Costoia. A actuación está incluída no Plan Complementario do Plan Único de Concellos “POS+2019” da Deputación da Coruña.

A senda peonil vai, cunha lonxitude de preto de 1.200 metros, unir as aldeas do Outeiro, na parroquia de Bugallido, coa de Costoia, en Biduído. A construción da senda inclúe, ademais, a canalización previa das augas e a posterior reposición do pavimento afectado. Esta actuación cumpre un dobre obxectivo ao mellorar a seguridade viaria na zona e ao mesmo tempo mellorar a canalización das augas.

Esta obra atende unha antiga demanda da veciñanza dos lugares de Outeiro e Quistiláns, na parroquia de Bugallido; e Framil e Costoia, na parroquia de Biduído; pois mellorará notablemente a seguridade peonil nesta estrada que comunica as parroquias co concello de Santiago de Compostela. E, con esta mellora permitirase o tránsito peonil entre os núcleos e, polo tanto unha mellor comunicación.

As obras comezaron o pasado 25 de agosto e a empresa adxudicataria, Gestal y López SL, conta con 6 meses para a súa execución. O importe das obras ascende a 184.547 euros.
Esta senda forma parte da futura rede de conexión peonil de núcleos do concello. Esta obra únese á senda da Condomiña; á de Vilouta na parroquia de Tapia; á de Eirapedriña e Framán na parroquia de Bugallido; á de Biduído de Abaixo; á de Lapido; á senda de Sisalde e á de Ventín a Coira en Biduído.

Mellora da rede de abastecemento
Aproveitando estas obras da senda tamén se van a realizar obras de mellora da rede de abastecemento en varios tramos que beneficiarán aos veciños e veciñas desa zona, e que se financiarán con fondos propios municipais.

O alcalde, Blas García, incide na importancia deste tipo de obras porque "se mellora notablemente a seguridade peonil e a seguridade do tráfico, xa que este tipo de sendas permiten un uso mixto en caso de necesidade", e continúa dicindo que "este é un de moitos proxectos de creación de sendas que xa levamos realizado e que se suma a outros que temos previsto executar ao longo do mandato".

Novas relacionadas:

Revista AmesGO: "Avanzan as obras da senda entre Outeiro e Costoia"

O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia

Multimedia

  • O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia
  • O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia
  • O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia
  • O alcalde de Ames visitou as obras da senda entre Outeiro e Costoia