Solapas principales

O alcalde di que a Xunta está a boicotear un investimento de 5,1 millóns de euros, o máis importante da historia de Ames

Miércoles, 18 de octubre de 2023

A Xunta de Galicia avanzou mediante o presidente da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a intención de presentar un recurso contra o proxecto de humanización da travesía do Milladoiro, que supón un investimento de máis de 5 millóns de euros no núcleo máis poboado do municipio. O alcalde, Blas García, tacha de falta  de respecto institucional non establecer comunicación previa co Concello de Ames, que se decatou pola prensa de que o ente autonómico vai intentar paralizar o investimento. “Este Goberno cree no respecto e na colaboración institucional como base da política, non son de recibo nin os feitos nin as formas”.

Blas García considera que non é función da Xunta de Galicia facer oposición ao Goberno de España e lamenta que queira comezar coa campaña electoral danando unha actuación vital para o futuro do núcleo máis poboado e importante do municipio. "Opoñerse a políticas beneficiosas para os galegos e galegas porque proceden dunha administración doutro signo político é anacrónico, é necesario ter altura de miras e velar polo beneficio da nosa xente”, e continúa, “a Xunta de Galicia está a boicotear un investimento de 5,1 millóns de euros, o máis importante da historia de Ames”.

O rexedor, que fai semanas solicitou unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, espera que se concrete canto antes unha data para que o mandatario lle explique en persoa o motivo desta decisión que ninguén se molestou en comunicar e que pretende negar un investimento histórico que cambiará o futuro de Ames e do Milladoiro: “Non hai base nin argumentos de ningún tipo para o recurso, están a tempo de rectificar nunha decisión que o único que fará e retrasar o inevitable. Imos perder o tempo en algo que non vai a ningún sitio”.

O alcalde finaliza instando á Xunta de Galicia abandonar a política do non e que se poña a traballar para buscar outras opcións ou ofrecer alternativas: “Actualmente os veciños e veciñas de Milladoiro soportan unha cifra próxima a 30.000 vehículos pola travesía, en vez de negar que existe un problema deberían axudar para atopar unha solución”.

Licitación da humanización da Travesía do Milladoiro na N-550
O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana licitou por 5,1 millóns de euros (IVE incluído) un contrato de obras para a humanización da estrada N-550 entre os puntos quilométricos 67+075 e 68+600, na travesía do Milladoiro, co obxectivo de calmar o tráfico e adaptar a infraestrutura aos usuarios vulnerables, mellorando a mobilidade, seguridade e sustentabilidade. Esta actuación finánciase con cargo ao programa de mellora de contornas urbanas do Plan de Recuperación.

O alcalde, Blas García, igual que o día que se coñeceu a nova quixo agradecer todos os esforzos de todas aquelas persoas que fixeron posible este investimento, “aos membros da plataforma, a todos e cada un dos integrantes das anteriores Corporacións municipais e ao actual Ministro de Sanidade e anteriormente Delegado do Goberno e alcalde de Ames, José Miñones. Todo o traballo e esforzo destes anos non vai ser en balde”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "El alcalde de Ames considera un boicot la pretensión de la Xunta de paralizar la humanización de O Milladoiro"

El Correo Gallego: "La Xunta interpondrá recurso e intentará parar el proyecto del Gobierno para humanizar Milladoiro"

Enfoques: "La Xunta recurrirá el proyecto del Gobierno para humanizar la N-550 en O Milladoiro"

Lindeiros: "A Xunta de Galicia recorrerá o proxecto de humanización do Milladoiro"

Ames Go: "O Concello acusa á Xunta de boicotear a humanización do Milladoiro"

Imaxe do proxecto da Travesía do Milladoiro