- Tematica
O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, realizaron una nova visita a unha empresa do sector do audiovisual. Neste caso, achegáronse ás instalacións da empresa Overon, situada na rúa das Hedras, no parque empresarial Novo Milladoiro. Overon é unha das compañías líder do sector do transporte audiovisual en España. Están especializados en realizar directos de grandes eventos e actividades deportivas (fútbol, ciclismo, rallies, remo, etc) e tamén se encargan do servizo de directos da Televisión de Galicia e doutras cadeas de televisión nacionais e internacionais.
Continúa a rolda de visitas ás empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. O alcalde de Ames, Blas García, e maila concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, visitaron a empresa Overon, que está situada no parque empresarial Novo Milladoiro. O grupo Mediapro, a través de Overon, é o primeiro provedor mundial de servizos de transmisión vía satélite e a terceira plataforma mundial de distribución.
Están especializados en realizar directos de grandes eventos e actividades deportivas (partidos de fútbol, competicións de ciclismo, rallies e remo, etc) e tamén directos para os informativos. Deste xeito, encárganse de retransmitir as diferentes probas de rallies, que organiza a Federación Española de Automobilismo; a Liga Galega de Traiñeiras; entre outras moitas competicións deportivas. Ademais, encárganse do servizo de directos da Televisión de Galicia e doutras cadeas de televisión nacionais e internacionais. Tamén realizan directos de grandes eventos e de breaking news.
Esta visita enmárcase na rolda de contactos coas diferentes empresas do sector audiovisual que están situadas no concello de Ames. A visita serviu como toma de contacto e para buscar vías de colaboración entre ambas partes. Esta entidade leva instalada no parque empresarial do Milladoiro 17 anos e teñen en plantilla a preto de 25 traballadores e traballadoras. Dende as instalación do Milladoiro cobren os traballos que realizan por toda Galicia e Portugal.
Durante a visita o alcalde e maila concelleira estiveron co director de Overon, Antonio Gegúndez, co responsable da delegación de Galicia, Enrique Balsa, e cun dos comercias de Overon, José de la Peña, así como con outros empregados da empresa. Durante a visita puideron coñecer as unidades móbiles, que empregan para facer directos, e un dron de última xeración que tamén utilizan nos seus traballos.
Empresa especializada nos directos
O rexedor municipal, Blas García, explica “seguimos coas visitas ás empresas do sector audiovisual que temos no concello de Ames e nesta ocasión acudimos ás instalacións que Overon ten no polígono empresarial Novo Milladoiro. Levan alí 17 anos e teñen en plantilla a cerca de 25 traballadores e traballadoras, e desde esta sede fan traballos por toda Galicia e Portugal”.
Blas García engadiu “a súa especialidade son os directos de eventos e actividades deportivas, realizando partidos de fútbol, rallies ou remo; pero tamén directos para os informativos. Un importante traballo dunha gran empresa instalada no noso concello e á cal temos que apoiar e axudar, igual que ao resto, porque é vital para a nosa economía o tecido empresarial”.
Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, volveu destacar o peso que teñen as empresas do sector audiovisual e de novas tecnoloxías dentro do tecido empresarial do parque empresarial do Novo Milladoiro e de Ames en xeral. “É un privilexio contar con esta empresa en Ames. A través desta rolda de visitas tratamos de establecer un contacto directo coas empresas do sector audiovisual para crear sinerxías en común”.
Ademais, a concelleira explicou que este ano o Concello vai a publicar unha liña de axudas, dotada con 20.000 euros, para empresas do sector audiovisual. Esta convocatoria de axudas está incluída no Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Ames para o período 2020-2022.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Estudarán colaboracións entre o Concello e Overon"
Enfoques: "El gobierno local de Ames continúa con Overon los contactos con el sector audiovisual"