Solapas principales

O alcalde visitou o lugar de Cantalarrana que se dotou dunha rede de pluviais ata o límite co concello de Brión

Jueves, 16 de junio de 2022

Esta mañá o alcalde e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, achegouse ata Cantalarrana tralas obras que se executaron neste lugar para dotalo dunha rede de pluviais ata o límite co concello de Brión. Dita actuación, que foi adxudicada á empresa Excavaciones Cernadas Valiña SL por un importe de 55.780,33 euros (IVE incluído), está incluída no Plan Ames Progresa 2021-2023. Este proxecto foi previamente aprobado por unanimidade de toda a Corporación municipal no pleno ordinario de novembro de 2020. Trátase dun proxecto relacionado co Ciclo integral da auga.

Unha vez rematadas as obras no lugar de Cantalarrana, esta mañá o alcalde e  concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, xunto co técnico municipal do Ciclo integral da auga, Esteban de la Fuente, o responsable da brigada de obras, Juan Calvo, e un representante da empresa adxudicataria, visitaron este lugar para revisar as obras executadas co obxectivo de dotalo dunha rede de pluviais ata o límite co concello de Brión.

A través das obras executadas realizouse unha rede de pluviais para canalizar a gran cantidade de auga que se concentraba entre o lugar de Cantalarrana e mailo límite co concello de Brión. En momentos de elevada pluviosidade a acumulación de auga podía ocasionar danos no pavimento da estrada e nas vivendas de dito lugar, así como situacións de perigo para a seguridade viaria, polo que houbo que executar ditas obras.

Para dar solución a esta situación instalouse unha rede de pluviais de 286 metros. As tubaxes contan coas correspondentes arquetas sumidoiro. Ademais, sobre dita rede executouse unha cuneta revestida de seguridade de 290 metros de lonxitude e cun ancho máximo de 1,80 metros, que permite a condución superficial das augas de escorrenta e a posibilidade de tránsito de peóns por esta zona. Na parte inicial da marxe esquerda (sentido cara a Brión) executouse unha zona peonil máis estreita dun metro de anchura.

Unha vez finalizada a execución da rede de pluviais arranxouse o pavimento afectado con saburra, grava e aglomerado en quente. Tamén se repuxo a sinalización horizontal e vertical afectada, así como se pintou un paso de peóns coa sinalización vertical correspondente. Dita actuación, que foi adxudicada á empresa Excavaciones Cernadas Valiña SL por un importe de 55.780,33 euros (IVE incluído), está incluída no Plan Ames Progresa 2021-2023.

O alcalde de Ames e concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Blas García, explica que “esta era unha actuación moi demandada pola veciñanza do lugar. A través das obras executadas colocouse unha tubaxe para as augas pluviais que se orixinan nesa zona e darlle saída natural. Deste xeito, elimínanse as augas que van cara a rúa da Fragua e mellórase a seguridade, tanto peonil como viaria, nesta zona. Ademais construíuse unha cuneta e rígola de formigón para as persoas que transitan andando por este lugar”.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Rede de pluviais contra as balsas para Cantalarrana"

O alcalde visitou o lugar de Cantalarrana que se dotou dunha rede de pluviais ata o límite co concello de Brión

Multimedia

  • O alcalde visitou o lugar de Cantalarrana que se dotou dunha rede de pluviais ata o límite co concello de Brión