Solapas principales

O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude

Miércoles, 10 de abril de 2024

Os nenos e nenas da escola infantil municipal O Bosque están a adicar este mes a estudar os distintos oficios. Para ver como se desenvolven algunhas das profesións que trataron nas aulas, a pasada semana visitaron unha granxa na Escravitude onde os gandeiros lles explicaron en que consiste o traballo que desenvolven na explotación.

Dar a coñecer aos máis pequenos o seu entorno inmediato de forma que poidan desenvolverse no seu día a día é fundamental. Por iso, para coñecer de primeira man como funciona unha granxa, a Escola infantil municipal O Bosque visitou unha explotación gandeira na Escravitude.

Deste xeito, o alumnado de 2 a 3 anos da EIM O Bosque puido ver os tenreiros e as vacas, coñeceu de primeira man como se alimentan e accedeu á sala de muxido. Ademais, tamén subiron a un tractor e desfrutaron da compañía dun burro que traballa na granxa. Esta visita enmarcouse no mes dos oficios que estiveron estudando previamente nas aulas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Os cativos da escola infantil O Bosque de Ames coñecen o oficio de granxeiro nunha explotación"

O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude

Multimedia

  • O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude
  • O alumnado da EEI O Bosque visita unha granxa da Escravitude