Solapas principales

O alumnado da EMMA participará en cinco audicións abertas ao público antes dos festivais de Entroido

Viernes, 03 de febrero de 2023

O alumnado da Escola Municipal de Música celebrará entre o vindeiro mércores, día 8, e o martes 14 de febreiro, unha serie de cinco audicións nas que mostrarán os coñecementos adquiridos durante o primeiro trimestre de clases. Deste xeito, o alumnado de guitarra, frauta, canto, percusión, saxo e piano poderá compartir unhas xornadas festivas con compañeiros, amizades e familiares, previas aos concertos de Entroido. As audicións terán lugar nas propias instalacións da EMMA, en Aldea Nova, a partir das 17:00 horas.

Como é xa habitual, os alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música de Ames participarán a vindeira semana en diversas audicións previas aos dous concertos de Entroido que se realizarán os días 15 e 17 de febreiro, e nas que se interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. Deste xeito, poderán mostrar os seus avances nun acto que será aberto ao público, co fin de que se desenvolvan nun ambiente familiar e o máis distendido posible.

As audicións terán lugar nas propias instalacións da EMMA, sempre en horario de tarde. Serán inauguradas polos alumnos de guitarra, o mércores 8, ás 17:00 horas. Ao día seguinte, o xoves 9, será o turno dos rapaces e rapazas de frauta e canto moderno, que actuarán ás 18:00 horas.

Xa o luns 13, terá lugar a exhibición de percusión, a partir das 18:30 horas. Para finalizar, o martes 14 actuarán os rapaces e rapazas de saxofón (ás 18:00 horas) e de piano (ás 19:00 horas). Todas as audicións se realizarán na aula 10, a excepción da de piano, que se celebrará na número 7.

A EMMA ofrece cinco sesións de audicións

Multimedia

  • O alumnado de EMMA participará en cinco audicións abertas ao público antes dos festivais de Entroido