Solapas principales

O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos

Viernes, 05 de abril de 2024

O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, recibiu esta mañá a visita do alumnado de sexto curso de educación primaria do CEIP Agro do Muíño, que se achegou á casa consistorial para coñecer de primeira man como desenvolve as súas funcións. Así, acompañados de varios membros do Goberno local, 73 nenos e nenas aprenderon como funciona un pleno municipal, o traballo que realizan os edís municipais e as funcións que cumpre a Administración local. Ademais, a rapazada puido trasladar aos membros da corporación as súas dúbidas e preguntas.

Esta mañá, tres grupos de alumnos e alumnas do CEIP Agro do Muíño visitaron as instalacións do Concello de Ames. Así, o alumnado de sexto de educación primaria das tres clases desprazouse ata a Casa do Concello para coñeceren da man de parte do Goberno local como funciona unha administración municipal.

A rapazada do colexio amesán chegou ben preparada ás dependencias locais, con varias preguntas listas, xa que nas últimas semanas viñan de estudar a administración local nas súas clases, tal e como sinalou o profesorado do centro.

Así, o Salón de Plenos foi o lugar escollido para que o alumnado trasladase as súas dúbidas a parte do Goberno local, co que mantiveron unha xuntanza. Acompañando á rapazada de sexto de primaria estiveron o alcalde de Ames, Blas García e todos os concelleiros que conforman o goberno municipal. Ademais, estiveron presentes Oliva Agra, José Ramón Oulego e Pablo Beiroa, concelleiros do Partido Popular de Ames; e Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, do BNG de Ames.

Deste xeito, trataron de resolverse varias dúbidas e inquedanzas que o alumnado traía preparadas, como que se decide nos plenos, quen decide cales son as iniciativas que se poñen en marcha no concello ou quen xestiona o orzamento municipal.

Esta foi unha das cuestións de maior interese, e foi explicada a través dos servizos de conciliación municipais, xa coñecidos por unha meirande parte dos nenos e nenas. Aínda así, un dos momentos máis destacados foi cando as visitantes puideron ver e suxeitar o bastón de mando do alcalde.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "De las aulas al salón de plenos en Ames"

O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos

Multimedia

  • O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos
  • O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos
  • O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos
  • O alumnado de sexto de primaria do CEIP Agro do Muíño visitou hoxe o Salón de Plenos