Solapas principales

O amesán Saúl Berdullas Calviño gaña os títulos individual e de dobres do campionato galego júnior de tenis

Viernes, 01 de abril de 2022

O amesán, Saúl Berdullas Calviño, conseguiu recentemente o título de campión galego júnior de tenis vencendo na final por 7-5 e 6-3 a Dani García. Ademais, no mesmo torneo celebrado en Lugo logrou o título en dobres formando parella con Ian Rodríguez. Saúl Berdullas pertence á disciplina do club Family Pádel - Los Tilos. Esta semana disputou en Madrid un Marca Challenger sub 18, que se celebra no RACE, onde perdeu en cuartos de final por 6-3 e 7-6.

O xove tenista amesán, Saúl Berdullas Calviño, continúa a súa progresión deportiva e vén de gañar hai unhas semanas en Lugo o título de campión galego júnior de tenis vencendo na final por 7-5 e 6-3 a Dani García. Ademais, no mesmo torneo logrou o título en dobres formando parella con Ian Rodríguez. Un dos seus obxectivos a curto prazo é disputar o Campionato de España que se disputará a mediados de agosto en Barcelona.

Saúl Berdullas conta cunha dilatada traxectoria deportiva na que xa foi campión galego en infantil e cadete, e máis recentemente campión do 14º Torneo Internacional Cadete de Sanxenxo, en novembro de 2021. Tamén logrou ser campión no Máster Provincial de Tenis-Jealsa, en decembro de 2021 en Boiro, e foi o vencedor absoluto na edición 2021 do Open de Tenis de Negreira, no pasado mes de abril. O tenista amesán que ten 17 anos pertence á disciplina do club Family Pádel - Los Tilos.

En 2021 tamén gañou no mes de decembro o Open de Nadal organizado polo Club de Tenis da Coruña, en categoría absoluta, e foi subcampión do máster galego absoluto celebrado en Vigo tamén no pasado mes de decembro.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destacou que “é un orgullo para o concello de Ames ter tan bos deportistas e de tanta calidade. Neste caso temos que felicitar a Saúl Berdullas Calviño polos dous últimos títulos conseguidos no campionato galego júnior disputado en Lugo hai unhas semanas. Desexámoslle que teña unha gran actuación no campionato de España que se vai disputar no vindeiro mes de agosto”.

Novas relacionadas

AMSGO!: "Saúl Berdullas Calviño, de 17 anos, promesa do tenis amesán"

Saúl Berdullas disputou esta semana en Madrid un Marca Challenger sub 18

Multimedia

  • Saúl Berdullas Calviño disputou esta semana en Madrid un Marca Challenger sub 18
  • Saúl Berdullas Calviño conseguiu recentemente o título de campión galego júnior de tenis
  • Saúl Berdullas Calviño conseguiu recentemente o título de campión galego júnior de tenis