13 actuacións musicais compuxeron programa “AmesOn” co que, a Concellaría de Promoción Económica pretendeu dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Cómpre salientar que moitos e moitas das artistas que desfilaron polo AmesON son veciños e veciñas de Ames. Dou comezo o pasado 8 de xullo coa actuación de “The Goonies” xa que, polas condicións meteorolóxicas, tivo que aprazarse o primeiro concerto que estaba programado para o 19 de xuño. e pechouse o 3 de setembro coa exitosa actuación da París de Noia. Nesta última xornada, subíronse ao escenario da orquestra as gañadoras do concurso “Canta con Ames” como teloneiras. Infórmase á veciñanza de que se atopou un plumífero e pano.
O Programa AmesOn despediu este verán por todo o alto coa esperada actuación da París de Noia. En tan só 11 horas, as entradas esgotáronse. Durante tres horas de espectáculo, os asistentes e o Milladoiro ao completo vibraron coa actuación das tres gañadoras do concurso Canta con Ames e da orquestra París de Noia. Ante un público entregadisimo Carmen, Lara e Noelia demostraron o porqué se alzaron como gañadoras do Canta con Ames. Pola súa banda, a París non defraudou coa súa Xira do Camiño. Podes ver as actuacións das teloneiras premendo nesta ligazón.
Agosto comezou con “Nerea&Chocolate”, un quinteto que sorprendeu aos asistentes a ritmo de soul&funk.
Continuou coa “Fase Festa”. Da man de Pepo Suevos, Fátima Pego e Josep Ruíz, permitiu aos veciños e veciñas achegarse ata unha pequena verbena con música e humor. O trío foi o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá.
O AmesOn continuou con música tradicional venezolana no concerto de “Aires de Orinoco” e puxo ritmos de bachata, merengues e cumbias na actuación do dúo “Sond de Caracas”.
A música latina seguiu reinando coa actuación de “Son de Tres”, un trío que encheu a praza da Madelena de cumbias, merengues e baladas.
O mes pechouse con música pop e rock dos anos 80 e 90 grazas ao grupo “Virtual Project”.
Xullo estreouse coa actuación de "The Goonies", unha banda formada por tres integrantes, Óscar Rodil, batería, Paco Prol, guitarrista e coros, e San Escalera, voz principal e guitarrista. O grupo de pop rock versiona clásicos da música.
O terceiro concerto do AmesOn, dos trece programados, foi o da Festa Cubana. Dende ás 20.00 horas actuarán os grupos “Rompiendo la rutina”,”Trío Habana” e “Cuarteto Okán”. Os asistentes puideron desfrutar de música cubana, jazz-latin, bossanova, boleros, guaracha e cha cha cha.
No quinto AmesON destacaron as voces femininas. O grupo “Ellas Son”, formado por Begoña García e Cristina Cachaldora, foi o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá.
O programa organizado pola concellaría de Promoción económica continuou xullo co concerto de “SAMCO”. O cuarteto versionou clásicos dos 80 e 90 e temas actuais en clave de jazz, rock, pop ou bossa nova. Para culminar xullo, o AmesOn optou por música de autor con Xosé Constenla Grupo.
Ana Belén Paz, concelleira de Promoción Económica, quixo: “Agradecer a todos os grupos e ás empresas implicadas por colaborar no Programa AmesOn. Ademais, gustaríame tamén recoñecer o bo comportamento dos veciños e veciñas de Ames que en todo momento cumpriron coa normativa. Agradecer tamén a todos e todas o participantes do Concurso Canta con Ames. Grazas a eles isto puido levarse a cabo”.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Trece galas pra dinamizar economía e cultura locais"