- Tematica
O programa “AmesON” organiza un novo concerto o mércores 11 de agosto. O grupo Aires de Orinoco actuará no Parque de Ameneiral, en Bertamiráns, ás 20.00 horas onde tocará música latina. A actuación, que estaba prevista para o pasado 8 de agosto, tivo que ser aprazada a esta nova data por mor das condicións meteorolóxicas.
Os ritmos latinos continúan animando ao público dos concertos organizados polo AmesOn. A concellaría de Promoción Económica pon en marcha esta serie de actuacións para dinamizar a cultura e a economía en Ames durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
O próximo concerto do AmesOn será o vindeiro venres 13 de agosto co concerto de Sond de Caracas.
Novas relacionadas:
El Correo Gallego: "Ritmos de Venezuela para as noites amesás de verán"