Solapas principales

O “AmesON de verán” continúa nas festas da Peregrina en Bertamiráns con Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta

Viernes, 12 de agosto de 2022

A programación do “AmesON de verán” da Concellaría de Promoción Económica prosegue en agosto e súmase ao cartel de “Ames en Festas”, no que se inclúen once días de celebración no Milladoiro e en Bertamiráns, encadeando as festas da Madalena e da Peregrina do 4 ao 14 de agosto. Neste senso, Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta actuarán no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, o sábado 13 e o domingo 14 de agosto.  Premendo nesta ligazón pódese consultar o folleto informativo de “Ames en Festas” 2022.

O “AmesON de verán” non para en agosto e engade as súas actuacións ao cartel de “Ames en Festas”, que inclúe todas as propostas das festas da Madalena, do Milladoiro, e da Peregrina, de Bertamiráns, ata o 14 de agosto. Deste xeito, e despois de contar en xullo con Eva e Camilo, Ruth Cundíns e Habana Café Son e, en agosto coa actuación de Cé Orquestra Pantasma e Marifaltri o AmesON prepárase para desenvolver dous novos concertos este mes de agosto.

Neste senso, Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta son as novas propostas desta programación pensada para dinamizar o comercio local e a hostalaría. Ambos os dous concertos terán lugar no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Jinetes del Trópico actuará este sábado 13 de agosto ás 21:00 horas. Ao seguinte, domingo 14, ás 21:00 horas será a quenda do grupo Tinta.

Los Jinetes del Trópico é un grupo monfortino formado por Antonio García, Xan Pérez e Fernando Estévez. Este grupo, que nace en 2015, caracterízase pola fusión dos ritmos latinos coa música tradicional galega.  Los Jinetes del Trópico visitan Ames coa pretensión de poñer a bailar a todos os  galegos e galegos a ritmo de cumbia, de reggaeton antimachista e de punk tropical galego.

Tinta é un grupo vigués formado por Marta, Martín, Luli e Juan. Un grupo que visita Ames tras izarse como a mellor banda novel de Vigo tras gañar o concurso “Vigo en vivo”. Os vigueses están inmersos na composición de temas novos para o disco que verá a luz en otoño e dos que a veciñanza amesá poderá escoitar un adianto.  

Ames en Festas
Estes dous concertos do “AmesON de verán” inclúense no cartel de “Ames en Festas”, un cartel que froito da colaboración do Concello de Ames, a comisión de festas do Milladoiro e de Bertamiráns, así como, a Xuntanza de Empresarios de Ames sumou once días de celebracións ao encadear as festas da Madalena, no Milladoiro, e da Peregrina, en Bertamiráns.

O concerto de Los Jinetes del Trópico terá lugar o penúltimo día de verbena. Xornada en que a comisión de festas da Peregrina ofrecerá, ademais, as actuacións da orquestra Finisterre e da disco móbil Eme Music, ás 23:00 horas no campo da festa da Peregrina.

Para poñer fin aos once días de festa o domingo 14 contará cunha sesión vermú do grupo Estudio, ás 14:00 horas no campo da festa da Peregrina, da man da comisión de festas. Tras o concerto do grupo Tinta, a música volve ao campo da festa da Peregrina a partir das 23:00 horas co grupo Estudio e a disco móbil Impacto que serán os encargados de pechar as festas.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Bertamiráns despide seis días de conciertos y verbenas" | "Bertamiráns cierra este fin de semana las Festas da Peregrina"

El Correo Gallego: "Los Jinetes del Trópico e o grupo Tinta actúan nas Festas da Peregrina"

O “AmesON de verán” continúa nas festas da Peregrina en Bertamiráns con Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta

Multimedia

  • O “AmesON de verán” continúa nas festas da Peregrina en Bertamiráns con Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta
  • O “AmesON de verán” continúa nas festas da Peregrina en Bertamiráns con Los Jinetes del Trópico e grupo Tinta