Solapas principales

O Apalpador chega a Ames da man do programa Apego

Jueves, 08 de diciembre de 2022

O Apalpador visitará Ames o vindeiro venres, 16 de decembro, da man do programa Apego. Estará no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a partir das 18:00 horas e, nesta ocasión, virá acompañado pola Banda da Montaña. Ademais, chegará cargado de contos e cantos e cun agasallo para todos os nenos e nenas que acudan a velo. Os interesados en asistir poden anotarse ata o día 15 de decembro, enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal. Nel, deben indicar o seu nome e apelidos, a idade das crianzas que os acompañan e un teléfono de contacto.

O Apalpador é a figura mítica dun xigante carboeiro, moi ligado á tradición do Nadal en Galicia. Desta volta, chega a Ames coa Banda da Montaña, cargado de contos e de música. Ademais, durante a súa visita repartirá un agasallo procedente da súa terra, a Serra do Courel, a todas as crianzas que acudan, e tamén recollerá as cartas que os nenos e nenas lle queiran deixar.

A actividade realizarase no patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns, o venres 16 de decembro, ás 18:00 horas. Ao desenvolverse no exterior, recoméndase que as familias que acudan leven roupa de abrigo.

Os interesados en inscribirse poden facelo ata o xoves 15 de decembro, enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique o nome e apelidos dos asistentes e a idade das crianzas que participarán, así como un número de teléfono de contacto.

O programa Apego: actividades, formación e recursos para as familias
O programa Apego é un proxecto colaborativo no que participan varios concellos, entre os que se inclúe Ames, e que vai dirixido ás familias que estean a esperar un bebé ou que teñan crianzas entre 0 e 6 anos. O seu obxectivo é promover, apoiar e normalizar o uso do galego na socialización da primeira infancia, empregando distintas actividades e recursos.

As familias interesadas en sumarse á iniciativa poden facelo poñéndose en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames, escribindo un correo a normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 215. Así mesmo, tamén poden facelo cubrindo o formulario “Súmate ao apego”, que está dispoñible na páxina web do programa, apego.gal.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "O Apalpador e a Banda da Montaña estarán no Pazo da Peregrina o 16"

O Apalpador chegará cun agasallo para todos os nenos e nenas

Multimedia

  • O Apalpador chega a Ames da man do programa Apego