- Tematica
Este mércores, 17 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase o pleno extraordinario sobre o estado do Concello de Ames. Será a sexta sesión plenaria aberta despois das feitas en 2017, 2019 e 2022, no Milladoiro, e das celebradas en 2018 e 2021, en Bertamiráns. En 2020 debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19 non houbo pleno do estado do Concello. En 2023 tampouco se convocou debido á proximidade das eleccións municipais do mes de maio. Ademais, poderase seguir o pleno vía streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.
Este pleno terá un único punto, que será o debate do estado do Concello durante o último ano. Dende 2017 este pleno realízase de xeito anual. Esta é a sexta sesión plenaria aberta despois das feitas en 2017, 2019 e 2022, no Milladoiro, e das celebradas en 2018 e 2021, en Bertamiráns. En 2020 non puido realizarse debido ao confinamento pola pandemia da Covid-19. En 2023 tampouco se convocou debido á proximidade das eleccións municipais do mes de maio.
A través desta sesión plenaria trátase de abrir os plenos á veciñanza naqueles temas de maior importancia como pode ser debater sobre a xestión e traballo que está realizando o Goberno municipal. Estes plenos desenvólvense nos auditorios das Casas da Cultura por ter maior aforo que o salón de plenos da Casa do Concello. O pleno de estado do Concello poderase seguir vía streaming a través da canle de Youtube do Concello de Ames.
O primeiro pleno do estado do Concello de Ames, celebrado en marzo de 2017, serviu para facer balance dos preto de dous anos que levaba naquel momento gobernando o tripartito formado por PSdeG-PSOE, Contigo Pódese e BNG. O segundo pleno do estado do municipio celebrouse en marzo de 2018 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ao ano seguinte, en 2019, o pleno de estado celebrouse outra vez no Milladoiro.
En 2020 non puido celebrarse debido ao confinamento provocado pola pandemia da Covid-19. En 2021, este pleno volveu a realizarse en Bertamiráns e serviu para facer balance dos dous anos de xestión do Goberno municipal dende as eleccións municipais celebradas en maio de 2019. En 2022 celebrouse no Milladoiro e no 2023 non se convocou debido á proximidade das eleccións municipais do mes de maio. A celebración do pleno de estado vaise alternando entre O Milladoiro e Bertamiráns.
A realización do pleno do estado do Concello está recollida no regulamento de organización do Concello de Ames, no que se regula o formato e tempos de intervención deste tipo de plenos. Así pois, este mércores, 17 de abril, realizarase unha nova sesión deste pleno no que se debaterá sobre a xestión municipal feita en 2023 e na primeira parte deste ano 2024. Deste xeito, convídase á veciñanza a que se achegue á Casa da Cultura de Bertamiráns ou que o siga a través da canle de Youtube do Concello de Ames.