- Tematica
A Oficina de voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, continúa coa programación de obradoiros que comezou no pasado mes de xullo. Nesta ocasión o sábado, 1 de outubro, de 11.00 a 13.30 horas, impartirase no edifico do antigo centro de saúde do Milladoiro un obradoiro sobre seguridade dixital básica. Trátase de impartir actividades de divulgación das novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Aprenderase sobre conceptos básicos da seguridade dixital, para poder usar os nosos ordenadores e smartphones dunha forma mellor e máis segura. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.
A oficina de Software Libre e banco de reciclaxe electrónica de Ames é un proxecto posto en marcha pola Oficina de voluntariado de Ames e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol). Algún dos seus obxectivos son minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo. Este proxecto botou a andar no pasado mes de maio. O primeiro obradoiro realizouse en xullo para a reparación e reciclaxe de altofalantes.
En setembro comezaron os obradoiros do segundo semestre deste ano cun taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores que tivo un grande éxito de participación. Neste taller impartíronse nocións para aprender a instalar un sistema operativo libre, navegador, suite ofimática, reprodutor de audio e vídeo, programa de edición de imaxes dixitais, etc.
A programación de obradoiros continúa este sábado, 1 de outubro, en horario de 11.00 a 13.30 horas, cun taller sobre seguridade dixital básica, que se vai impartir no edifico do antigo centro de saúde do Milladoiro, na rúa Agro do Medio, número 8. Trátase de impartir actividades de divulgación das novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos. Aprenderase sobre conceptos básicos da seguridade dixital, para poder usar os nosos ordenadores e smartphones dunha forma mellor e máis segura. As persoas que queiran participar poden confirmar a súa asistencia premendo nesta ligazón.
Reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables
Entre os obxectivos da Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames, xunto co seu Banco de reciclaxe electrónica, está reducir a fenda dixital para os colectivos vulnerables e minorar o lixo electrónico no municipio. A Oficina de Software Libre centrará as súas actividades en divulgar as novas tecnoloxías en software libre entre os grupos sociais menos favorecidos.
Neste senso, actuarase dende o Banco de reciclaxe, onde se recollen equipos electrónicos doados por persoas ou institucións que xa non os usan e que poidan seguir sendo operativos para persoas con menos recursos, e dende a Oficina de software libre, que divulgará sobre novas tecnoloxías, resolvendo dúbidas e dando cursos de formación e actividades de alfabetización dixital.
Novas relacionadas: