- Tematica
Despois de varios contactos por parte do Concello coa entidade bancaria nos que se solicitaba a reapertura da oficina de Bertamiráns, o Concello acaba de recibir unha comunicación do Banco Santander na que se comunica que esta entidade, ante a situación excepcional que estamos a vivir pola Covid-19, estaba a adoptar as medidas necesarias para velar pola seguridade dos clientes e empregados/as para poder seguir operando con normalidade.
En dito correo electrónico comunícaselle ao Concello que a partir do próximo luns, 11 de xaneiro, reabrirán a oficina que está situada na avenida da Maía, número 74, en Bertamiráns, e que permanecía pechada. A apertura será co horario habitual, aínda que as recomendacións son que se solicite cita previa chamando ao xestor, na APP do Santander, ou na páxina web www.bancosantander.es.
Dende o Concello de Ames agradecen que se dese resposta á petición feita e se reabra, á maior brevidade posible, a oficina de Bertamiráns que dá servizo a moitas veciñas e veciños de Ames e estaba a causar un gran prexuízo para á veciñanza amesá.