Solapas principales

O BNG de Ames propón un acordo para a implantación de medidas de prevención e resposta fonte ás inundacións no concello

Viernes, 17 de enero de 2025

Os eventos meteorolóxicos extremos son cada vez máis frecuentes debido ao cambio climático. Estes eventos afectan de xeito importante a zonas como Bertamiráns e Milladoiro, onde a urbanización aumentou de xeito considerable a impermeabilización do solo, o que dificulta a evacuación natural da auga, sumado todo isto á falla de limpeza de cunetas e desaugadoiros. As consecuencias son, maioritariamente, danos en vivendas, comercios, infraestruturas públicas e vías de comunicación.

Ademais, os veciños e as veciñas veñen sinalando en repetidas ocasións puntos críticos de acumulación de auga que, aínda sendo coñecidos, carecen de solucións definitivas. Estas situacións amosan a urxencia de mellorar as infraestruturas de drenaxe, reforzar a prevención e establecer un plan de resposta eficaz ante posibles episodios futuros.

“Consideramos que a protección das persoas, os bens materiais e o patrimonio natural require dun enfoque integral que combine sensibilización, planificación e medidas concretas de prevención e xestión; por iso nesta moción tamén instamos á Xunta de Galicia a fomentar o uso de solucións baseadas na natureza, como a creación de zonas verdes inundables e a restauración das beiras dos ríos”, explica a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín.

Unha iniciativa en positivo dacordo co xeito de entender a forma de facer política do BNG baseada nas propostas e nas ideas para resolver os problemas da veciñanza.

O BNG de Ames propón un acordo para a implantación de medidas de  prevención e resposta  fonte ás inundacións no concello