Solapas principales

O CEIP de Barouta celebra este xoves a Gala de Nadal do alumnado de 6º de Educación Primaria

Miércoles, 14 de diciembre de 2022

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle este xoves, 15 de decembro, ás 18:00 horas, a Gala de Nadal organizada polos rapaces e rapazas de sexto curso de Educación Primaria. Contará coa actuación do grupo de teatro das Maniotas, do IES de Brión, e ca participación do propio alumnado do CEIP de Barouta. As entradas, que teñen un custo de 5 euros, poden adquirirse na tenda Vainilla e chocolate, en Bertamiráns, na conserxería do centro ou na propia Casa da Cultura, antes de que dea comezo o espectáculo.

Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do CEIP de Barouta presentarán este xoves, 15 de decembro, a Gala de Nadal da escola, que ten como obxectivo a recadación de fondos para a realización da excursión de fin de curso. Será ás 18:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns.

O grupo teatral do IES de Brión, Teatro das Maniotas, representará o musical “O banco”, dirixido por Ari Álvarez e Loly Santos. Trátase dunha función humorística e para todos os públicos, e nela participará o propio alumnado de sexto de primaria, que fará unha intervención especial ao remate. A obra, duns 90 minutos de duración, xa foi presentada ao público nas localidades de Brión, Santiago e Rois, así como en Portugal, e conta con quince actores.

A entrada, que ten un custo de cinco euros, poderase adquirir no establecemento Vainilla y Chocolate, en Bertamiráns, na conserxería do centro e na propia Casa da Cultura, xusto antes do espectáculo. Así mesmo, os rapaces e rapazas de sexto curso tamén teñen dispoñibles boletos para vender. A recadación será destinada integramente para sufragar os gastos da excursión de fin de curso do alumnado.

A recadación da gala destinarase a sufragar os gastos da excursión