Solapas principales

O CEIP de Barouta celebrou este xoves a súa carreira solidaria “Móvome pola paz”

Jueves, 30 de enero de 2025

Na mañá deste xoves 30 de xaneiro, o CEIP de Barouta celebrou outra edición da carreira solidaria “Móvome pola paz”, unha iniciativa motivada pola conmemoración do Día Internacional da Paz. Nesta xornada participaron en total 400 persoas, entre eles, alumnado do propio CEIP de Barouta, xunto co alumnado de sexto de Eduación Primaria do CEIP da Maía e Agro do Muíño e os pequenos da unitaria de Covas. O obxectivo desta iniciativa é a recollida de alimentos e produtos de primeira necesidade para o banco de alimentos municipal, xunto coa recollida de fondos para a emerxencia en Gaza. As persoas interesadas en facer unha doazón, poderán deixar os seus produtos no centro educativo ata finais da semana que vén.

O CEIP de Barouta celebrou esta mañá a IX edición da súa xa tradicional carreira solidaria “Móvome pola paz”, unha iniciativa que se celebra polo Día Internacional da Paz e que busca concienciar sobre os dereitos da infancia, así como recoller alimentos para as persoas en situación de emerxencia. Nesta edición, o conflito en Gaza volveu a estar presente, pois de novo realizouse unha recollida de fondos para enviar a través da Axencia das Nacións Unidas (UNRWA).

Ao este acto solidario asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a concelleira de Educación, Carmen Porto; o concelleiro de Xestión do Medio Natural e Atención ao Rural, Javier Antelo, e a concelleira de Benestar Social, Uxía García.

O director do centro, Alonso Caxade, agradeceu ao final da xornada a colaboración de todos os patrocinadores e entidades que fixeron posible o evento, así como a toda a comunidade educativa que participou na carreira e que, ademais, fixeron doazóns para o banco de alimentos.

Unha xornada solidaria e de ilusión entre o alumnado
Na carreira deste ano participaron un total de 400 persoas; o alumnado do propio CEIP de Barouta, alumnado de sexto de primaria dos CEIP da Maía e de Agro do Muíño, alumnado da unitaria de Covas e profesorado dos diferentes centros educativos.

Houbo diferentes percorridos segundo a idade dos participantes. Os nenos e nenas de 4º de infantil realizaron o percorrido máis curto, duns 200 metros aproximadamente. A distancia foise incrementando en cada curso, sendo a máis longa para o alumnado de sexto de primaria, que tiveron que facer unha carreira de pouco máis dun quilómetro cun percorrido que rodeaba as inmediacións co centro.

Ao final da carreira, todos os participantes recibiron a súa correspondente bolsa de agasallo que incluíu unha peza de froita, un batido de chocolate, un doce, auga, entre máis recompensas.

A recollida de alimentos estará aberta ata a semana que vén
O obxectivo principal desta iniciativa é a recollida de alimentos para as persoas en situación de emerxencia social e, sobre todo, búscase poñer o foco neses nenos e nenas que poden estar atravesando ese tipo de situacións. As persoas que queiran achegarse ata o CEIP de Barouta para facer as súas doazóns aínda están a tempo, pois a recollida estará aberta ata a semana que vén.

Por outra banda, este ano continuouse coa venda de rifas para a recollida de fondos para a emerxencia en Gaza. Desta volta, sorteáronse catro lotes de libros. Ao finalizar as carreiras, realizouse o sorteo de tres destes lotes, o restante realizarase a vindeira semana.

O CEIP de Barouta celebrou este xoves a súa carreira solidaria “Móvome pola paz”

Multimedia

  • O CEIP de Barouta celebrou este xoves a súa carreira solidaria “Móvome pola paz”