Solapas principales

O CEIP de Barouta inmortaliza o pensamento dunha xeración de alumnos de sexto de primaria cun libro de haikus

Lunes, 11 de marzo de 2024

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns foi testemuña da presentación de “Universo Inverso”, un libro de haikus que foi creado integramente por alumnado de 6º de primaria, dende a redacción dos textos ás ilustracións. Deste modo, o CEIP de Barouta inmortaliza o pensamento dunha xeración de alumnos que con este proxecto financiarán a súa excursión de fin de curso, a parte de destinar o 20% das ganancias ao refuxio de Bando.

Alonso Caxade explicou que este proxecto está moi ligado a esencia do CEIP de Barouta, no que “defendemos un estilo docente e unha práctica educativa moi determinada. O máis importante que estamos a facer hoxe e crear recordos que estes rapaces e rapazas non van esquecer nunca”.

Oliva Vergara, titora do alumnado, tomou a palabra para agradecer tanto a implicación do centro, como dos alumnos e do Concello de Ames, que “apoiou esta iniciativa dende o mesmo momento que lla presentamos”. Vergara tamén incidiu na idea final que buscou inculcarlle a seu alumnado durante este proceso creativo que non foi outra que a de que “para facer cousas grandes, hai que pensar en grande”.

O alcalde, Blas García, e a concelleira de Educación, Carmen Porto, que foron convidados ao acto para participar como poñentes, loaron o traballo realizado tanto polo centro, impulsor de novidosas iniciativas, como polo alumnado. O rexedor finalizou realizando un alegato a favor da educación pública pois dela “sae calidade e está chea de grandes profesionais que traballan en ocasións en condicións moi complexas”.

O acto, presentado por Belén Xestal, contou con 25 alumnas e alumnos que recitaron algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados coa música en directo do director do centro, Alonso Caxade, e Daniel Blanco, orientador, que tamén musicou a proxección das ilustracións do libro. Durante esta presentación contouse coa actuación do grupo de danza GoPra Performance, que interviu en varios momentos do evento.

Universo Inverso
Trátase dun libro elaborado integramente polo alumnado, que participou en todas as etapas do proxecto. Oliva Vergara, profesora e impulsora do proxecto, destaca que “é un libro de todos e todas. Empezamos con composicións individuais, despois por parellas, logo en pequenos grupos, e o traballo final foi de toda a clase, para afinar as composicións para a súa publicación”. Tamén explica que o único que non fixeron os nenos e nenas foi a portada, que se lle encargou a unha ilustradora externa “para que ningún alumno/a tivera máis protagonismo, para que de verdade fora un proxecto de grupo”.

Aínda que comezou como un proxecto escolar, foi máis alá do currículo académico e converteuse nunha ferramenta de expresión do alumnado. Así o explica Irene, alumna integrante desta iniciativa, que destaca que “cos haikus podía liberar os meus problemas neses versos pequenos”. Tamén Xoel, outro dos alumnos participantes, comparte esta opinión: “Este proxecto serviume para liberarme; non ten nada que ver co ritmo, coa metáfora ou coa métrica, é máis para expresar o que sentes, o que queres que desapareza. É como crear un novo mundo a partir do teu mundo interior”.

O libro xa se pode adquirir ou ben achegándose ao centro ou contactando mediante súa páxina web ou correo.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Escolares de Ames publican un libro de haikus que inmortaliza su pensamiento"

El Correo Gallego: "Alumnos de Barouta publican un libro de haikus para mejorar, donar fondos y pagar su excursión"

Imaxe da presentación de “Universo Inverso”

Multimedia

  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”
  • Imaxe da presentación de “Universo Inverso”