Solapas principales

O club Ames Xadrez consegue tres medallas no torneo provincial por equipos infantís

Viernes, 10 de mayo de 2024

Un total de doce nenos e nenas do club Ames Xadrez participaron no torneo provincial por equipos infantís celebrado o pasado sábado en Santiago de Compostela. Os rapaces puideron gozar dunha xornada na que compartiron experiencias e divertimento con outros xogadores, intercambiando ademais os seus coñecementos. Os equipos de sub10 e sub 12 conseguiron o ouro, e o equipo sub14 a prata.

Doce nenos, repartidos en tres quipos, participaron este sábado no Campionato Provincial por equipos dos Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar (Xogade) nas categorías de sub-10, sub-12 e sub-14.

Nesta fase final do Xogade Provincial, participaron en cada categoría os catro equipos que conseguiron clasificarse nas fases intercomarcais celebrados en pasadas semanas. No caso da Escola Ames Xadrez, os equipos de sub-10, sub- 12 e sub-14 conseguiron o primeiro posto tamén nesta fase, celebrada en Noia.

O equipo sub-10, composto por nenos e nenas nacidos despois do 2014, estivo formado por Fernando Carregal, Ariadna López, Diego Carballo e Valeria Amado, sendo un dos poucos equipos completamente mixtos que participaron no torneo. O equipo sub-12 estivo integrado por Unai Casares, Alejandro López, Sergio Munín e Marcos García. Finalmente, o equipo sub-14 estivo formado por Nicolás Amado, Arán Carracedo, Pedro Fondo e Manuel Sende.

Estes resultados por equipos súmanse tamén aos bos resultados que conseguiu a Escola Ames Xadrez nos recentes campionatos galegos individuais por idades que se celebraron na pasada Semana Santa, onde destacaron Nicolás Amado, que quedou segundo na categoría sub-14 e Noel Casares, que logrou o quinto posto na sub-16. 

O club Ames Xadrez consegue tres medallas no torneo provincial por equipos infantís

Multimedia

  • O club Ames Xadrez consegue tres medallas no torneo provincial por equipos infantís
  • O club Ames Xadrez consegue tres medallas no torneo provincial por equipos infantís
  • O club Ames Xadrez consegue tres medallas no torneo provincial por equipos infantís