- Tematica
Sete atletas do Club Atletismo Millaraio participaron no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista. Os resultados conseguidos polos rapaces e rapazas do clubs amesán foron excelentes, xa que lograron gañar tres medallas: Salomé Segade gañou a medalla de ouro; Alfonso Labella a medalla de prata; e Manuel Labella a medalla de bronce.
Excelentes resultados do Club Atletismo Millaraio no XVII Campionato de Galicia de inverno en marcha en pista, con sete atletas participantes e un total de tres medallas gañadas.
Salomé Segade gañou a medalla de ouro na categoría sub16 feminino. Alfonso Labella obtivo a medalla de prata en categoría sub14 masculino e Manuel Labella conseguiu a medalla de bronce na categoría sub16 masculina.
Ademais, os sub12 David Moreno e Nadir Moreira conseguiron rematar a súa proba sen avisos na súa estrea nesta modalidade, sendo finalmente oitavo e novena. Sara Lema tamén rematou sen avisos a proba sub16, mentres que Sofía Campos foi descualificada a 100 metros da meta cando ía rematar en primeira posición nesta categoría.