Solapas principales

O club de patinaxe Sarela súbese ao podio no Campionato Galego

Miércoles, 19 de mayo de 2021

O pasado 17 de maio, o Club de Patinaxe Sarela representou a Ames, con tres grupos, no Campionato Autonómico 2ª Categoría Show de grupos grandes e pequenos de Patinaxe Artística celebrado en Vigo. Un dos tres equipos que representaba Ames, o “Déixame ir”, conseguiu o o bronce dun total de 20 grupos.

O Club Balaídos Vigo organizou, o pasado luns 17 de maio no pavillón de Candeán, o Campionato Autonómico 2ª Categoría Show de grupos grandes e pequenos de Patinaxe Artística. No evento participaron 20 clubs galegos.

No campionato competiron os seguintes clubs: Sarela, Apostol Santiago, Arealonga Chapela, Salceda, Xiramos, Carpa Viqueira, Balaidos, Castro S.M., Olivo, Conxuro, Ourela, Noia, Brincadeira, T. Altamira, Oleiros, Brión, Fontiñas, Alquimia, Oroso e Berenguela.

O Sarela representou a Ames a través de tres equipos de patinadoras. O “Déixame ir”, formado polas veteranas, conseguiu o terceiro posto e, polo tanto, o bronce galego. “Karma” acadou o 12º posto cun notable progreso e o grupo “Serei quen queira ser” colocouse nun 15º posto nun debut competitivo.

Próximas competicións
O club Sarela volverá a competir o sábado 22 de maio na I Fase Niveis- Libre da Coruña Zona Sur. O evento está organizado polo Club de Patinaxe de Teo e desenvolverase, na fin de semana do 22 e 23 de maio, no pavillón dos Tilos.

“Déixame ir”

Multimedia

  • Club de Patinaxe Sarela
  • Club de Patinaxe Sarela
  • Club de Patinaxe Sarela