- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, asinou un acordo de colaboración do CEIP de Barouta para a utilización do pavillón polideportivo de dito centro educativo. Deste xeito, estas instalación poderán ser empregadas para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais. Ademais, ditas instalacións estarán a disposición dos clubs deportivos e da veciñanza en xeral.
O Concello de Ames e mailo CEIP de Barouta chegaron a un acordo para que a Administración local poda empregar as instalación do pavillón polideportivo para impartir actividades deportivas municipais. Dito pavillón tamén está a disposición dos clubs deportivos do municipio e da veciñanza en xeral.
Aínda que o pavillón do CEIP de Barouta se atopa dentro do recinto escolar, este acordo de colaboración permite a realización dun acceso independente desde o exterior, polo que os clubs deportivos e maila veciñanza que desexe facer uso desta instalación non entrarán ao recinto escolar.
Condicións de uso:
-Solicitude previa por escrito ao enderezo de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal indicando data e horario desexado.
-O acceso ao pavillón farase sempre pola entrada exterior, non se pode entrar ao recinto escolar.
-Non se poden estacionar vehículos dentro do recinto escolar. Poderanse deixar na zona de autobuses (subida lateral do pavillón) ou no aparcadoiro exterior diante do centro educativo.
-Máximo 12 persoas/día de uso.
-Os danos ocasionados por mal uso da instalación serán responsabilidade da persoa que efectúe a reserva do espazo deportivo. Se ao chegar ao pavillón se atoparan con algún elemento en mal estado, deben sacar imaxes e envialas ao correo electrónico deportes@concellodeames.gal.
Horario e uso:
-Martes das 21:00 ás 22:00 horas.
-Xoves das 21:00 ás 22:00 horas.
-Sábados e domingos.
Novas relacionadas:
Ames Go: "O Concello de Ames utilizará o pavillón do colexio de Barouta"