Solapas principales

O Concello colabora con SOGAPS no seu chamamento de axuda de emerxencia para o pobo saharauí

Jueves, 03 de octubre de 2024

O Concello de Ames colabora coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí no seu chamamento de apoio urxente por mor da crise humanitaria que está a afectar aos campamentos de refuxiados saharauís. As intensas choivas provocaron derrubes nas infraestruturas, tanto de vivendas particulares como de asistencia á comunidade, e provocaron a evacuación de máis de 600 familias. Poden facerse donativos a través da conta bancaria: ES48 2080 5056 1130 4006 3331. Para máis información pódese contactar con SOGAPS a través do número de teléfono 678 727 382.

O Concello de Ames volve a colaborar coa asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) nunha campaña solidaria de emerxencia. Desa volta solicítase axuda urxente en relación coa crise humanitaria provocada polas intensas choivas, que derrubaron numerosas infraestruturas e obrigaron a case 3.000 persoas a ser evacuadas das súas casas. Tamén foron destruídos centros educativos e médicos, polo que practicamente todo o material quedou inutilizable.

Neste contexto, a Media Lúa Vermella Saharauí e o Ministerio de Cooperación da RASD solicitan axuda urxente para proporcionar toda a asistencia humanitaria posible para cubrir as necesidades máis apremiantes: rehabilitación de infraestruturas, distribución de víveres básicos e produtos de primeira necesidade, subministración de medicamentos e saneamento dos espazos.

Desde SOGAPS van mercar material sanitario e viaxarán aos campamentos o día 24 de outubro. Porén, solicitan toda a colaboración posible para axudar a estas familias nestes momentos de necesidade urxente. Todas aquelas persoas que desexen colaborar, poden facelo a través dun donativo económico. O número da conta bancaria da asociación é: ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

O Concello colabora con SOGAPS no seu chamamento de axuda de emerxencia para o pobo saharauí

Multimedia

  • O Concello colabora con SOGAPS no seu chamamento de axuda de emerxencia para o pobo saharauí