Solapas principales

O Concello de Ames colabora coa cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS

Martes, 08 de octubre de 2024

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, apoia a celebración dunha cea solidaria que terá lugar o vindeiro 2 de novembro a beneficio da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Será no Hotel Congreso, en Santiago de Compostela. Para solicitar máis información pódese contactar coa asociación a través do número de teléfono 986 262 637, ou coa delegada da comarca de Santiago, Esther Ybarra, a través do número de teléfono 609 764 945.

A cea solidaria, á que pode asistir calquera persoa que queira aportar o seu gran de area, terá un prezo de 50 euros para adultos e de 30 euros para nenos, que serán aboados o propio día da cea no restaurante. O menú pode consultarse ao pé desta nova.

Para todas aquelas persoas que non poidan asistir pero que desexen colaborar, haberá unha fila 0 para realizar doazóns na conta ES48 2080 5056 1130 4006 3331.

Os fondos que se consigan servirán para apoiar a campaña solidaria de emerxencia impulsada por SOGAPS no último mes con motivo da crise humanitaria provocada polas intensas choivas, que derrubaron numerosas infraestruturas e obrigaron a case 3.000 persoas a ser evacuadas das súas casas. Tamén foron destruídos centros educativos e médicos, polo que practicamente todo o material quedou inutilizable. Desde a asociación van mercar material sanitario e viaxarán aos campamentos o día 24 de outubro. Porén, solicitan toda a colaboración posible para axudar a estas familias nestes momentos de necesidade urxente.

O Concello de Ames colabora coa cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS

Multimedia

  • Menú da cea solidaria de Samaín impulsada por SOGAPS