Solapas principales

O Concello de Ames conmemora o 8M coa lectura do manifesto municipal, a carreira da muller e o programa “Mulleres en rede”

Sábado, 01 de marzo de 2025

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, preparou un ano máis unha programación específica de actividades con motivo do Día Internacional da Muller 2025. O propio sábado, 8 de marzo, haberá ás 11.00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro un acto institucional no que lerá o manifesto municipal. A continuación, ás 11.30 horas, celebrarase a quinta edición ca carreira da muller “Moios camiños, mesma meta”, a través da cal se trata de visibilizar os obstáculos que as mulleres deben superar a diario. Por último, impartirase durante o mes de abril o programa “Mulleres en rede”, ques está dirixido a mulleres que se atopan nun estado de vulnerabilidade.

O Concello de Ames, a través do departamento de Igualdade, presenta a programación que se desenvolverá ao longo das vindeiras semanas co gallo do 8M, Día Internacional da Muller. Esta programación constará, a parte do correspondente acto institucional do día 8 de marzo, dunha carreira de obstáculos para toda familia, e un programa dirixido a mulleres vulnerables.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explicou que ”esta é un data sinalada no calendario, un día no que o máis importante é a unidade e a fortaleza para construír unha sociedade máis igualitaria”. Ademais, animou á veciñanza a participar no acto institucional no que se dará lectura ao manifesto do 8M e a participar na carreira “Moitos camiños, mesma meta”, que terá lugar a partir das 11.30 horas na área deportiva do Milladoiro”.

Acto institucional e carreira da muller
O propio Día Internacional da Muller, o 8M, celebrarase o tradicional acto institucional na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 11:00 horas. Nel farase a lectura do manifesto institucional e repartirase material promocional.

De seguido, o sábado 8 de marzo, ás 11.30 horas, celebrarase a quinta edición da carreira “Moitos camiños, mesma meta”, unha cita non competitiva e lúdica na que as persoas participantes percorrerán uns 600 metros e se enfrontarán a 9 obstáculos. O obxectivo é reivindicar, a través dos diferentes obstáculos que se poñen na proba, todos os atrancos aos que as mulleres se ven sometidas no día a día.

Ditos obstáculos pódense completar de maneira individual ou con axuda de calquera persoa. As inscricións pódense facer de balde premendo nesta ligazón ou de forma presencial en Gabinete de Alcaldía, na Casa do Concello, ata o mércores 5 de marzo ás 14:00 horas. Establécese un límite de prazas para 400 persoas. Na proba poderá participar calquera persoa que teña cumpridos os 5 anos. Os menores deberán acudir acompañados dun adulto. A recollida de dorsais poderase facer a partir das 10:30 horas na Casa da Cultura do Milladoiro.
Trala carreira haberá sorteo de agasallos grazas á colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), que colabora nesta iniciativa con diversos premios. Cada participante na carreira participará en dito sorteo co número do seu dorsal.

Programa “Mulleres en rede”
Así mesmo, dentro da programación do 8M, volverase a poñer en marcha o programa “Mulleres en rede”, que está dirixido especialmente a mulleres que se atopan nun estado de vulnerabilidade. Con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, impartirase un curso durante os meses de marzo, abril e maio. No obradoiro, profesionais da psicoloxía e do ámbito laboral, tratan de empoderar e recuperar a autoestima das mulleres participantes, así como de buscarlles oportunidades laborais.

O Concello de Ames conmemora o 8M coa lectura do manifesto municipal, a carreira da muller e o programa “Mulleres en rede”

Multimedia

  • Programación do "Mulleres en rede"
  • O Concello de Ames conmemora o 8M coa lectura do manifesto municipal, a carreira da muller e o programa “Mulleres en rede”